Descarga
- Logo SOS
- Banner
- Modelo de cartaz manifestación 3 de xuño
- Folleto informativo manifestación 3 de xuño
- Folleto informativo manifestación 3 de xuño (duplo)
- Cartaz Manifesto ILP
- Logo ILP 1
- Logo ILP 2
- Logo ILP 3
Plataformas Sanidade
* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol
* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte de Lemos
* Plataforma contra a privatización de Pontevedra
* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área de O Barco
* Plataforma en defensa da Sanidade Pública do Salnés
* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Lugo
* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Ourense
* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Cangas
* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Moaña
* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Santiago
* Plataforma pola Defensa e Mellora da Sanidade Pública da Coruña
* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Vigo
* Plataforma en defensa da Sanidade Pública na Mariña
* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Barbanza
* Asociación Galega para a defensa da Sanidade Pública (Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública)
Procurar
Autobus Barbanza para a manifestación do día 16
Venres, 14 Xuño 2013 10:38
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da comarca da Barbanza quere lembrar a toda a cidadanía que haberá un autobús que parará en Ribeira, Pobra, Boiro e Rianxo para acudir a manifestación polo dereito ao aborto libre e gratuito o próximo domingo ás 17.00 horas en Santiago,
Interesadas/os contactar no número 657557169
Un saúdo e grazasOurense: queremos respostas
Venres, 14 Xuño 2013 10:30
PLATAFORMA POLA DEFENSA E MELLORA DA SANIDADE PÚBLICA DE OURENSE
De todos e todas é coñecido o empeño que leva posto esta Plataforma cidadán para que a Provincia de Ourense teña as infraestruturas sanitarias que en xustiza lle corresponden.Tamén é coñecido por todos e todas que o goberno do Sr. Feijoo tense empeñado en que Ourense sexa o furgón de cola do investimento sanitario galego, levan 6 anos de goberno nos que apenas teñen dado pasos para que o Plan Director de Infraestruturas do CHUO se vexa rematado e outro tanto pasa, cos diferentes centros de saúde que estaban proxectados no O Couto, O Vinteún e Barbadás.
Despois de varias representacións de planos e maquetas prometen que este ano 2013 iniciaríanse, por fin, as obras e que pasados 24 meses terían rematado as mesmas, é dicir despois de finalizada a segunda lexislatura do goberno de Feijoo na Xunta.
Esta Plataforma criticou duramente, no seu día, o tipo de procedemento empregado para a adxudicación das obras pois consideramos que se estaban a introducir medidas privatizadoras no camiño do xa coñecido como financiamento público/privado (PFI).
Do resultado deste proceso a empresa, que resultara adxudicataria do chamado Concurso de “Xestión integral de espazos do CHUO” faríase co control e xestión de servizos que son estratéxicos no funcionamento de calquera Hospital, enerxía, limpeza, mantemento, seguridade, informática, etc establecéndose de facto dúas administracións unha para a parte “non sanitaria”, controlada por unha empresa privada e outra para a “sanitaria”. Ademais este procedemento leva implícito a perda dun número importante de postos de traballo no sector público.
Todos sabemos que este modelo de xestión sanitaria é un modelo que busca o lucro económico nun sector como o da saúde, que nós consideramos un dereito básico das persoas ( recoñecido pola Constitución, Estatuto de Autonomía e Lei Xeral de Sanidade) e polo tanto non debería estar suxeito a rendibilidade económica pois a mesma lévanos a que os servizos sanitarios mingüen na súa calidade e haxa maiores riscos para os pacientes, cuestións que se teñen verificado naqueles países onde se ten implantado polo que, eses mesmos países, teñen freado o seu desenvolvemento pois ao anterior hai que engadirlle que resultan ser moito máis caros e provocan unha maior morbimortalidade na poboación atendida.
Máis os Sres do PP empéñanse en manter esta estratexia que mesmo se está a volver contra deles pois temos o exemplo claro do Novo Hospital de Vigo, licitado por un procedemento semellante ao que se quere facer en Ourense, que leva paralizado varios meses e sen visos de atoparlle unha saída ao problema da falla de liquidez das construtoras encargadas do proxecto e catro veces máis cara a súa construción que de ser realizado polo procedemento tradicional..
Agora en Ourense pode pasar o mesmo. Nos últimos días temos sabido que hai unha falla de empresas concorrentes a licitación do Concurso de “Xestión integral de Espazos do CHUO” e polo tanto os 14 millóns de euros que tería que depositar como fianza a empresa adxudicataria e que serían, segundo a propia Consellería de Sanidade, unha parte dos cartos que servirán para poñer en marcha as obras do paralizado Plan Director de Infraestruturas non se pode contar con eles para este proxecto.
Esta Plataforma ten manifestado que este concurso de “Xestión Integral” deixaba fora de xogo a calquera empresa local, e mesmo do ámbito galego, que quixera presentarse ao concurso, pois o volume da fianza e o ter feito unha oferta global de servizos imposibilita que a maioría das nosas empresas de mediano tamaño puidesen competir coas grandes construtoras ou sociedades de fora do país.
Agora a Consellería e a Xerencia de Ourense atópanse ante un grave problema, creado como froito da súa incapacidade e chapuceira xestión de todo que ten que ver con dotar a Ourense dunhas Infraestruturas Sanitarias dignas, e este problema llelo trasladan á cidadanía, pois son as xentes de Ourense quen terán que sufrir as consecuencias desta neglixencia.
Dende a Plataforma queremos manifestar a nosa preocupación polo que poda pasar coas obras do Plan Director, tantas veces presentado e tantas veces atrasado.
As declaracións da Xerencia de Ourense non informan de como pensan solucionar esta situación. Pensamos que os veciños e veciñas de Ourense corremos o risco de volver a sufrir os atrasos na construción do novo Hospital e tamén e perder os fondos Europeos para a alta Tecnoloxía que aprobou a Unión Europea para completar e mellorar a existente no noso Hospital. Estes cartos non quedarían en Ourense se para o ano 2014 as obras non están en marcha.
Por todo elo pedimos a Consellería de Sanidade e Presidente Sr. Feijoo unha resposta clara e contundente de como pensa levar adiante as obras do Plan Director do CHUO.
Que explique con “luz e taquígrafos” de onde vai saír o orzamento para esta obra despois de non poder contar cos 14 millóns de fianza do concurso de Xestión Integral de Espazos do CHUO.
Esta Plataforma tamén quere insistir que as Infraestruturas son necesarias pero de pouco valen novos Hospitais ou Centros de Saúde se os servizos se recortan, se aumentan os copagos, se limitan o acceso a atención sanitaria, se recortan en persoal e carteira de servizos, etc . Actualmente hai datos moi preocupantes cara o verán, un deles é o recorte de prantillas nalgúns PACs da provincia e no Servizo de Urxencia do CHUO e outro é instaurar atención a tempo parcial para os substitutos do persoal de Enfermaría nos Centros de Saúde. De novo ponse por diante da calidade e a seguridade na atención os mesquiños intereses de rendibilidade económica.
A cidadanía de Ourense non quere máis maquetas, nin inauguracións de planos. Queremos respostas. Tampouco queremos que os cartos aprobados pola Unión Europea para Ourense se marchen para outros lugares. Esiximos un pronunciamento sen ambigüidades por parte do goberno da Xunta. De non ser así, esta Plataforma comprometese a convocar a tódalas entidades, organizacións e movementos sociais da provincia para realizar unha gran mobilización que denuncie a inxustiza e desprezo que se lle leva facendo a esta provincia no investimento sanitario tantas veces prometido e tantas veces adiado por parte do Goberno presidido polo Sr, Feijoo..
Ourense 13 de Xuño do 2013.-
PLATAFORMA POLA DEFENSA E MELLORA DA SANNIDADE PÚBLICA OURENSE
Ante os peches dos COF - Plataforma de Vigo
Venres, 14 Xuño 2013 10:16
A Plataforma da Sanidade condena o peche dos Centros de Orientacion Familiar
A Plataforma en defensa da Sanidade Pública da área sanitaria de Vigo considera que o desmantelamento e peche dos Centros de Orientación Familiar de Galicia (COF) responde a unha estratexia ideolóxica reaccionaria da administración galega e estatal de ataque á saúde das mulleres e aos seus dereitos sexuais e reprodutivos.
Nesta estratexia estaría a Nova Regulación á Interrupción Voluntaria do Embarazo, o desmantelamento progresivo dos Centros de Orientación Familiar ou o abandono do Programa de Saúde da Muller en Galicia.
Así mesmo considerouse necesario facer fronte a esta estratexia de xeito global, coordinando as actuacións dos diferentes colectivos que se opoñen á mesma. Neste sentido, a Plataforma fai seu o Manifesto elaborado polos profesionais dos COF no que se recollen as cuestións seguintes:
- Mantemento dos centros para aproveitar toda a experiencia adquirida as longo dos últimos anos traballando equipo multidisciplinario, abordaxe integral, promoción e prevención, traballo comunitario, e protocolos de actuación común.
- Os COF deberían ter o papel de centros de referencia, apoio e consultoría da Atención Primaria, que asumiría esta responsabilidade con recursos suficientes e correctamente formados para desempeñala, en coordinación cos COF, colectivo de matronas e co nivel hospitalario.
Acordouse tamén trasladar o citado Manifesto a diferentes colectivos cidadáns e profesionais de Vigo para buscar o seu apoio. Outras actuacións contempladas son: realizar unha concentración diante do COF de Coia o vindeiro 21 de xuño en coordinación coa Plataforma Polo Dereito ao Aborto en defensa da súa continuidade e un acto informativo a cidadanía cos profesionais do COF e dos servizos asistenciais.
Por último, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da área sanitaria de Vigo apoiará activamente á manifestación convocada para o domingo día 16 de xuño en Compostela convocada pola Plataforma polo Dereito ao Aborto con saída as 17:00h desde a Estación de tren e anima a cidadanía de Vigo a acudir á mesma.
Plataforma de Ourense: sobre a situación da sanidade na provincia
Venres, 14 Xuño 2013 10:09
Plataforma pola Defensa e Mellora da Sanidade Pública de Ourense
Despois de 4 anos de lexislatura e iniciándose un segundo mandato do PP ao fronte do goberno da Xunta de Galicia dende a Plataforma SOS. Sanidade Pública de Ourense vemos con moita preocupación as consecuencias das decisións políticas que teñen levado a nosa provincia a estar a cola no investimento sanitario cun claro impacto na merma da calidade dos nosos servizos.
Este ano os orzamentos voltan a reducir o investimento total e pasamos a unha media, en Galicia, de 1.229 euros por persoa é dicir 131 euros menos que no ano 2009, cando Alberto Núñez Feijóo gañou as súas primeiras eleccións.
Os gobernos presididos tanto polos Srs Feijóo como Rajoy negaron a posibilidade de por en marcha medidas privatizadoras e mesmo se presentaron as eleccións con programas nos que mantiñan que o “sistema sanitario era algo intocable”. Cando dende diferentes entidades cidadáns, como esta Plataforma, se alertaba dos graves riscos para a poboación e para o sistema de protección a saúde público e universal das diferentes normativas, decretos e leis que se ían publicando os responsables da Administración tanto Galega como Española acusabannos de: “intoxicantes”, “alarmistas”, “politizadores”, etc pero para desgracia de todos as nosas “profecías” fóronse cumprindo e en moitos casos a presión social foi quen de frear ou reformar varias delas . Hoxendía podemos dicir que era certo:
-Que na anterior lexislatura Ourense non recibiu nin un euro para as súas infraestruturas sanitarias. Remate das obras do Complexo Hospitalario e Centros de Saúde do Couto, O Vinteún, Barbadás, etc.
-Perdéronse 74 camas de hospitalización de crónicos co peche do Hospital de Piñor.
-O proxecto de creación dunha Unidade de Rehabilitación de Saúde Mental en Piñor non se levou adiante.
-Os terreos do antigo Hospital de Toén corren o risco de quedar abandonados ou pasar a ser xestionados por unha entidade privada.
-A creación a Xerencia Única de Xestión Integrada supuxo a desaparición, na práctica, do Área Sanitaria de Valdeorras.
-A paralización do Plan de Mellora de Atención Primaria supuxo a perda de máis de 70 prazas de profesionais para a sanidade de Ourense.
-No terreo socio-sanitario deixou de impulsarse a Lei de Dependencia e a pouco rede asistencial de tipo público foise pasando a mans privadas.
-A amortización de prazas de profesionais sanitarios foi unha constante, na anterior lexislatura, coa perda de numerosas prazas de médicos e enfermaría na provincia.
A esta situación que afecta máis directamente a nosa provincia hai que engadirlle outro tipo de medidas de carácter xeral que afectan as persoas que aquí vivimos:
-O Real Decreto-Lei 16/2012 de 20 de abril, de medidas urxentes para garantir a sustentabilidade do Sistema Nacional de Saúde e mellorar a calidade e seguridade das súas prestacións, introduce cambios fundamentais no sistema sanitario público que atentan contra a universalidade, a accesibilidade, a equidade o carácter redistributivo, e supón o inicio dunha contrarreforma sanitaria.
Este Real Decreto:
-Remata co sistema sanitario universal como un dereito básico da cidadanía e introduce un modelo de aseguramento que conduce a un sistema sanitario dual no que as persoas con mais recursos terán a atención de seguros privados (subvencionados con fondos públicos) deixando ao resto da poboación en mans dun sistema público descapitalizado tipo beneficencia.
-Incremento de repagos para pensionistas e traballadores en receitas, transporte sanitario e material ortoprotésico.
-Limitacións e negativas na asistencia a persoas con baixos recursos e poboación inmigrante.
-Medicamentazo que supuxo que moitos medicamentos pasaron a non estar financiados polo sistema público de saúde.
NOVOS RISCOS.-
Polo tanto dende esta Plataforma consideramos que estamos máis que lexitimados para dicir que novos perigos se aveciñan sobre o noso sistema público de saúde:
-As medidas de privatizar hospitais e centros de saúde en Madrid e Valencia non o consideramos un feito illado e pensamos que é o modelo que pretende seguir o PP no resto do Estado.
-O Sr. Feijoo xa falou de que os pacientes terán que pagar polo que eles consideran “servizos non sanitarios” (comidas, xabróns, roupa, uso de sillóns,etc) dentro dos hospitais.
-En Castela-A Mancha pecháronse un fato de PACs e a Secretaria Xeral do Sergas a ourensá Dª Nieves Dominguez xa falou da posibilidade de facer o mesmo en Galicia.
-Os orzamentos do 2013 reservan unha cantidade que consideramos “pouco realista” para axilizar as obras do Hospital de Ourense pois eses 14 millóns de euros dos que fala o anteproxecto de orzamentos vai ser moi difícil que se podan executar e Ourense seguira a sufrir atrasos no Hospital que en xustiza se merece e que leva paralizado dende o 2009.
-Como primeira medida e ante a posibilidade de que se pechen servizos como algúns PACs imos enviar mocións a tódolos grupos políticos dos Concellos de Ourense para que os plenos se pronuncien a prol do mantemento e mellora dos mesmos.
Ante estas novas ameazas a Plataforma de Ourense seguirá, xunto coas do resto de Galicia, a traballar, denunciar e mobilizarse para evitar a posta en marcha das mesmas. Neste senso convén lembrar que a Sanidade Pública é propiedade do conxunto da cidadanía, nin dos profesionais sanitarios, nin dos políticos de turno. Pertence ao conxunto da poboación que é quen a fixo posible e a mantén cos seus impostos. Pensamos que é suicida pensar que a transformación dos hospitais públicos e centros de saúde en entidades privadas poda ser a alternativa para manter a sostenibilidade do sistema. O sistema público de saúde precisa de reformas e melloras na súa xestión pero debe ser dende o mantemento do modelo actual. A boa xestión non é a que fai cadrar as contas senón a que acada bos resultados en saúde.
Ourense 28 de Xaneiro do 2013.-
Manifesto Polo dereito a unha atención pública e de calidade da saúde sexual e reprodutiva
Mércores, 12 Xuño 2013 10:44
Estamos vivindo un grave retroceso dos dereitos das persoas en xeral, e dos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres, en particular. Estes dereitos sexuais e reprodutivos están recollidos como dereitos humanos fundamentais
en todos os tratados internacionais desde os anos 90. Foron subscritos polo goberno español e polo tanto son de obrigado cumprimento tamén para o goberno galego.
A agresión máis visible a estes dereitos é a modificación prevista do goberno do Partido Popular da Interrupción Voluntaria do Embarazo, usurpando ás mulleres o seu dereito a decidir se desexan ser nais, e en que momento das súas vidas queren facelo.

escolas na nova lei do PP, renunciando deste xeito á promoción da afectividade e sexualidade, un dos aspectos máis importantes da vida das persoas; dificultando a prevención dos riscos que poden estar asociados ás condutas sexuais e afectivas; e deixando de tratar na escola a relación entre afectividade, sexualidade, respecto pola parella, igualdade de xénero e a prevención da violencia de xénero.
Por outra banda, a deterioración progresiva de todos os servizos e prestacións da sanidade pública competentes para a atención da saúde sexual e reprodutiva e para a prevención dos posibles problemas relacionados con ela: embarazos non desexados, infeccións de transmisión sexual, problemas sexuais e de parella, agresións sexuais, etc. Na actualidade os Centros de Planeamento Familiar (COF) son os únicos dispositivos públicos especializados na atención integral á saúde sexual das mulleres. Son os únicos centros con competencias, aínda coa súa diversidade, no abordaxe integral socio-sanitario-afectivo-sexual, anticoncepción en todos os seus tipos, interrupción legal de embarazo, exame de saúde xinecolóxico periódico, esterilidade, atención á problemática sexual e da parella e actividades educativas e de promoción da saúde afectivo sexual. E ademais, moi importante, todas estes servizos realizados con acceso directo, nun ámbito privado e confidencial no que a muller decide con información e liberdade. Son os centros de referencia e de formación do persoal de atención primaria e do persoal sanitario en formación.
Os Centros de Saúde son os dispositivos básicos de atención e de acceso en todo o territorio. A rede de atención primaria , (persoal administrativo, de enfermería, mediciña de familia, pediatría, traballo social,...), debería ser competente tanto por recursos, como por capacitación e tempo para prestar unha atención sexual e reprodutiva de calidade a todas as mulleres, incluíndo anticoncepción, atención preconcepcional, embarazo e postparto,
orientación da demanda de interrupción legal de embarazo, exame de saúde xinecolóxico periódico, detección e orientación inicial na problemática sexual e da parella, menopausa e realización de actividades comunitarias de
educación sexual e afectiva.
Polo dereito a unha atención pública e de calidade da saúde sexual e reprodutiva QUEREMOS DENUNCIAR a perda de prestacións públicas galegas na atención da saúde sexual e reprodutiva das mulleres, definido por:
1. Desmantelamento progresivo da rede de COF: Falta de cobertura das prazas do equipo básico interdisciplinar (persoal administrativo, de enfermería ou especialista en enfermería obstétrica-xinecolóxica, psicoloxía clínica, traballo social e xinecoloxía); centros nos que hai profesionais que comparten actividade noutros dispositivos sanitarios diferentes (outras consultas de xinecoloxía, de saúde mental,…) ou, nalgúns casos, que non se adaptan ao perfil profesional adecuado a este tipo de centros; non cobertura de xubilacións; sobrecarga asistencial. O SERGAS está abandonando esta rede de centros reducindo os seus recursos e prestacións progresivamente. Actualmente as mulleres galegas reciben unha atención desigual xa que os COF actuais non son capaces de cumprir as súas funcións en todos os casos.
2. A consulta ordinaria de xinecoloxía non atende este tipo de demanda salvo o exame de saúde xinecolóxico e en algúns casos anticoncepción.
3. Os Centros de Saúde, salvo excepcións dalgunha área de saúde e algúns profesionais de mediciña e especialistas en enfermería obstétricaxinecolóxica, non prestan atención de saúde sexual e reprodutiva. Atención primaria, en xeral, non está realizando exame de saúde xinecolóxico. Salvo algúns casos nos que se ofrece anticoncepción hormonal ou se realiza prevención de cancro de útero, podemos dicir que atención primaria non cumpre coas súas funcións. É o lugar idóneo para a atención da saúde sexual e reprodutiva pero precisa tempo, capacitación e implicación para poder asegurar este servizo con calidade ás mulleres e en todo o territorio. Non se pode dicir cun mínimo de seriedade que as mulleres van recibir esta atención nos centros de saúde sen programar previamente formación e dotación de recursos.
4. Moitos métodos anticonceptivos hormonais van deixar de ter financiamento público a partir do 1 de agosto, polo que moitas mulleres non poderán mercalos ao encarecerse dun modo importante o seu prezo.
5. A ameaza de que a anticoncepción de urxencia deixe de ser de libre dispensación. Este deterioro da atención a saúde sexual e reprodutiva afecta máis especificamente á saúde das mulleres que, como colectivo, sofren de novo a vulneración dos seus dereitos e da súa liberdade. As políticas actuais reafirman unha única identidade feminina asentada na maternidade, apropiándose de novo do corpo e da sexualidade das mulleres e incrementando as desigualdades existentes entre sexos.
Por todo isto, facemos un chamamento á cidadanía para que participe na manifestación convocada para o día 16 de xuño en Santiago e rexeite con rotundidade a nova lei reguladora do aborto e da saúde sexual e reprodutiva do PP, e esixa o dereito a unha atención de calidade, pública e gratuíta da saúde sexual e reprodutiva con capacidade de decisión libre e informada.
Os colectivos Plataforma SOS Sanidade Pública, o colectivo de traballador@s dos Centros de Orientación Familiar de Galicia, Colexio Oficial de Psicologia de Galicia, Asociación de Psicología Clinica do SERGAS e Plataforma pola Defensa do Dereito ao Aborto.
RECLAMAMOS:
1. A integración da educación afectiva e sexual en todos os niveis da educación, desde infantil ata bacharelato.
2. A permanencia dos COF de carácter público, interdisciplinario e con persoal e medios suficientes, axeitados e accesibles.
3. A implantación e consolidación en atención primaria dun programa da muller, integral e de calidade, co apoio dos Centros de Planeamento Familiar
4. Financiamento público de todos os métodos anticonceptivos.
5. Dereito ao aborto gratuito, realizado na sanidade pública e con respecto á libre decisión da muller.
descarga e difunde !
Escrito á Conselleira
Venres, 07 Xuño 2013 09:39
Sra. Rocio Mosquera
Conselleira de Sanidade Xunta de Galicia
Moi Sra Nosa dirixímonos a vostede coa finalidade de solicitarlle unha reunión para propoñerlle a creación de dúas mesas para abordar a grave situación pola que atravesa a rede de prevención e atención ás drogodependencias e outros colectivos en risco de exclusión social, como consecuencia do deterioro sufrido pola mesma ao longo dos últimos anos e os recortes de recursos introducidos como consecuencia da crise
Adiantámoslle as propostas que queremos trasladarlle en devandita reunión
- Crear unha mesa de coordinación coa participación das ONG ou asociacións que interveñen nestes ámbitos, a Administración, os sindicatos e os partidos políticos para intentar buscar vías de coordinación e mellora das prestacións que a Xunta de Galicia debe ofrecer sobre atención a colectivos en risco de exclusión social.
- Crear unha mesa específica sobre atención ás drogodependencias, coa presenza dos profesionais de asistencia, prevención e reinserción.
En Pontevedra a 31 de maio do 2013
Atentamente
Manuel Martin Garcia
Portavoz
SOS-Sanidade Pública ---- Lazos Pro-solidariedade (Comité Antisida Ferrol) --- Asociación Galega de Profesionais de Drogodependencias e Condutas Adictivas
Máis artigos...







