Apoios

SOS-sanidadepublica-Cultura

Con humor

2012-05-21_VIN_2012-05-14_00_32_43_davila

Plataformas Sanidade

* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol


* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte de Lemos


* Plataforma contra a privatización de Pontevedra


* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área de O Barco


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública do Salnés


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Lugo


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Ourense


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Verín

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Cangas


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Moaña

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Santiago


* Plataforma pola Defensa e Mellora da Sanidade Pública da Coruña

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Vigo


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública na Mariña

* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Barbanza

* Asociación Galega para a defensa da Sanidade Pública (Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública)


Procurar

Manifestación Plataforma Ferrol

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

Luns, 18 Febreiro 2013 15:24

cartaz_sos_ferrol

 

Apoio da Plataforma de Pontevedra á loita d@s traballador@s da sanidade

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

Xoves, 07 Febreiro 2013 10:18

A Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de Pontevedra, Integrada en SOS Sanidade Pública de Galicia, quere mostrar a súa solidariedade coa mobilización dos traballadores do Complexo Hospitalario de Pontevedra que promoven un encerro no Hospital Montecelo en protesta polos brutais recortes de dereitos laborais e salariais e a precarización das súas condicións de traballo, que está levando a cabo a Conselleria de Sanidade.


Desde a Plataforma SOS baseamos o noso apoio en que a degradación das condicións dos profesionais e traballadores sanitarios  repercuten directamente na atención dos pacientes e na calidade da atención que reciben. Estas medidas contra os traballadores súmanse aos recortes de dereitos sanitarios e ao copago.


Por todo iso consideramos que a loita dos profesionais e traballadores do Complexo Hospitalario é a mesma que as dos cidadáns e usuarios da sanidade, polo que só a alianza de ambos colectivos pode frear o deterioro, desmantelamento e privatización dos servizos sanitarios en Galicia e  Pontevedra.

 

Nota de prensa Plataforma de Cangas

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

Luns, 04 Febreiro 2013 10:20

Tras a publicación dos resultados da enquisa bianual que realiza POVISA (1) da que pretende concluir que practicamente todos os usuarios e usuarias preferirían este hospital privado se houbese libre elección, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas quere manifestar:

 

1) Que malia os intentos de limpeza de fachada os datos son tercos, xa que no último trimestre de 2012 o tempo de espera medio para os pacientes de POVISA foi en cirurxía moito máis do dobre que para os do resto dos hospitais de Galicia.

 

graficopovisa

 

 

2) Que a enquisa encargada á empresa Contactnova-Callcenter non é absoluto independiente, xa que Marcelino Otero López, que forma parte dese grupo empresarial, é ademais presidente do Círculo de Empresarios de Galicia, cuxo cargo de vicepresidente é ocupado por José Bernando Silveira, propietario do hospital POVISA. (2)

 

3) Resulta ridículo, por non dicir un insulto á intelixencia dos pacientes (que padecemos POVISA), que se vincule a presunta valoración positiva das persoas preguntadas coa supresión dos cuartos de tres camas, un gran logro con respecto da situación anterior, é certo, pero que se queda ben curto se temos en conta que no proxecto inicial Novo Hospital de Vigo estaba prevista unha habitación por paciente.

 

4) Que os datos, tal como se menciona na información difundida por POVISA, foron recollidos entre pacientes de especialidades e ingresados nos días da realización da enquisa, nunha situación de dependencia absoluta con respecto da empresa. Polo tanto, está clara a intención publicitaria dun sondeo fraudulento, pensado para manter unha poboación cautiva que se utiliza como refén co fin de perpetuar o negocio.

 

Cangas, 30 de xaneiro de 2.013

 

SOS Sanidade Pública insta á Consellaría de Sanidade a manter os equipos de prevención e asistencia en materia de drogodependencia, que funcionan desde hai máis de 20 anos

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

Luns, 04 Febreiro 2013 10:16

Desde o ano 2010, ano no que o actual goberno do PP chegou de novo á Xunta de Galiza, ven recortando, ano tras ano, os orzamentos da  rede de prevención e asistencia a drogodependentes que recolle o Plan Galego de Trastornos Adictivos.

O que  recolle o proxecto de Lei de orzamentos para o ano 2013, é un  recorte de cantidades  que ascende a 2.091.469 € sobre o orzamento do 2012. O que está a provocar é que no ano 2013 non se asine o convenio de colaboración entre a Consellaría de Presidencia, a Consellaría de Sanidade e a Federación galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) en materia de drogodependencias e trastornos adictivos.

Con estes orzamentos a Consellaría de Sanidade decidiu suprimir todo o investimento dos Equipos de Prevención, ante esta situación os Concellos son incapaces de seguir a prestar esta asistencia, poñendo en risco a continuidade de prevención: 43 programas, e consecuentemente os postos de traballo do persoal destes servizos, 61 traballadoras/es.

O peche dos equipos de prevención vai afondar nos problemas sociais e de saúde pública. Paradoxicamente, por unha banda a Consellaría de sanidade deixa sen dotación económica estes programas, mentres segue a manter a súa  campaña de publicidade enganosa, xa que o Plan Galego de Trastornos Adictivos 2011-16 recolle nos seus obxectivos "impulsar os programas de prevención de carácter universal”…

No referente aos Equipos que prestan Asistencia, o recorte orzamentario vai por en risco a continuidade dos mesmos. Os concellos non van poder asumir un recorte orzamentario de máis do 15%, que nalgún deles suporá un recorte de máis de 40.000€

Desde SOS-Sanidade Pública esiximos á Consellaría  de Sanidade que manteña a dotación orzamentaria suficiente, estamos a falar dos orzamentos do ano 2009, para garantir a continuidade dos programas que están a levar a cabo os equipos de prevención e asistencia.  E instamos á Consellaría de Sanidade a que estableza as vías de diálogo para que esta prestación sexa da propia Consellaría contando cos profesionais existentes.

 

Actividade Plataforma Pontevedra

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

Luns, 04 Febreiro 2013 10:08

Actividade programada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública en Pontevedra:

* Organizadas pola Federación de AA.VV Teucro xa están concretadas as seguintes charlas nas AA.VV:
- Marcón: día 04/02/13, as 19:30h, no local da Comunidade de Montes.
- Combarro: día 15/02/2013, ás 20:00h, no local da Comunidade de Montes
- Lerez: día 22/02/2013, ás 20:30h, no Centro Cultural
- Monteporreiro
: 26/02/2013, as 20:00h, na Casa da Cultura
- A Devesa - Alba
: dia 01/03/2013, as 20:00h, no local da Asociación de Veciños.

* En Bueu haberá unha charla o día 08/02/2013, no Centro Social do Mar, ás 20:00h. Organiza a Asociación “A voz do paciente” de Bueu.

* "Abrazar o Hospital”: Marcha Cidadán festiva arredor do Hospital Provincial o día 07/03/2013 ás 19: 30 horas.
 

O PP vota en contra da ILP de promoción da sanidade pública, deixando clara a súa posición privatizadora

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

Mércores, 19 Decembro 2012 10:14

 

20121218_114633

 

 

A Plataforma SOS Sanidade Pública que integra ás 17 Plataformas para a Defensa da Sanidade Pública de toda Galicia e a decenas de organizacións, veciñais, de enfermos e consumidores; ONGs; sindicatos; asociacións profesionais; partidos políticos; Concellos; etc, , presentou onte día 18 de decembro unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) en Defensa da Sanidade Pública, co respaldo de máis de 45.000 firmas.

 

20121218_101510


Os contidos do Proxecto de Lei da ILP foron


1.- A defensa do carácter público da sanidade como garantía do dereito á saúde


2.- Garantir a xestión pública e directa dos servizos sanitarios e o rexeitamento ás formas de financiamento e xestión privada


3.- Incrementar a capacidade resolutiva da Atención Primaria mellorando os seus recursos e o acceso ás tecnoloxías diagnósticas..

.

4.- Mantemento do modelo descentralizado do sistema sanitario galego a través das áreas sanitarias, como espazos para a planificación, asignación e xestión integral dos recursos en base ás necesidades sanitarias da poboación e coa súa participación activa

A Iniciativa Lexislativa foi apoiada por PSDEG-PSOE, Alianza Galega de Esquerdas e BNG, mentres que o Partido Popular votou na súa contra, polo que foi rexeitada dada a maioría absoluta que ten no Parlamento Galego. Hai que recordar que o PP apoia o financiamento e xestión privada dos novos hospitais e centros de saúde, paralizou o Plan de Mellora da Atención Primaria acordado polo anterior goberno de Galicia con todas as organizacións da AP, e está desmantelando as áreas sanitarias, seguindo o exemplo da CCAA de Madrid de crear espazos amplos para o mercado e a competencia dentro da sanidade.

.

A presentación da ILP no Parlamento foi apoiada cunha concentración das Plataformas fronte ao Parlamento, ante as que o portavoz de SOS reiterou o compromiso de todos de seguir mobilizando a toda a sociedade galega en contra dos recortes e desmantelamento da sanidade pública.