Apoios

SOS-sanidadepublica-Cultura

Con humor

2012-05-21_VIN_2012-05-14_00_32_43_davila

Plataformas Sanidade

* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol


* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte de Lemos


* Plataforma contra a privatización de Pontevedra


* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área de O Barco


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública do Salnés


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Lugo


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Ourense


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Verín

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Cangas


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Moaña

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Santiago


* Plataforma pola Defensa e Mellora da Sanidade Pública da Coruña

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Vigo


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública na Mariña

* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Barbanza

* Asociación Galega para a defensa da Sanidade Pública (Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública)


Procurar



Plataforma de Cangas

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

As mulleres do Morrazo tamén somos discriminadas cos métodos de contracepción definitiva

De novo as mulleres que vivimos no Morrazo e que estamos obrigadas a recibir a nosa asistencia especializada e hospitalaria en POVISA, somos discriminadas do resto das mulleres da nosa mesma área sanitaria, pero que reciben asistencia no Hospital Xeral ou no Meixoeiro.

Cando unha muller ten decidido someterse a calquera método de anticoncepción é derivada polo médico de cabeceira ao Centro de Orientación Familiar de Vigo (COF) para que sexa informada das distintas posibilidades que neste momento existen e valorada do xeito máis acaído a súa persoa.

Cando as mulleres optan por un método definitivo de anticoncepción os protocolos do COF indican con toda claridade que as mulleres do Morrazo temos que ir obrigatoriamente a POVISA onde a única técnica que se nos ofrece é a ligadura de trompas, que como se sabe consiste nunha intervención cirúrxica que precisa hospitalización, anestesia xeral, recuperación post-operatoria, etc.

As mulleres da nosa mesma área sanitaria pero que están adscritas aos hospitais públicos Xeral e Meixoeiro, dispoñen desde o ano 2009 dunha nova técnica chamada “Essure” que tamén é un método anticoncepción definitivo, alternativo á ligadura de trompas e que ten as ventaxas de que non precisa intervención cirúrxica, non hai incisión, non precisa anestesía xeral nin recuperación post-intervención, e o tempo que se invirte na implantación dura entre 8 e 15 minutos, despois dos cales a muller volta a súa vida normal.

Da mesma maneira que se nos nega a posibilidade de sermos atendidas no caso do cancro de mama no Hospital do Meixoeiro que conta cunha unidade especializada e con tecnoloxía punteira para o tratamento desta doenza, tamén nos métodos definitivos de contracepción padecemos unha discriminación inadmisible.

As Plataformas de Cangas e Moaña, na súa defensa da sanidade 100% pública para todos e todas, reclamará da Consellería de Sanidade que todas as mulleres podamos ter acceso a esta nova técnica de contracepción definitiva que se aplican nos hospitais públicos.

 

O Morrazo, marzo de 2.012

 

 

Asinantes:

ASOCIACIÓN “DARAVELO”

ASOCIACIÓN “ROSA DOS VENTOS”

ASOCIACION DE AMAS DE CASA DE CANGAS

ASOCIACIÓN DE MULLERES “POZA DA MOURA”

ASOCIACION DE MULLERES DE MOAÑA

ASOCIACIÓN DE REDEIRAS “O CERCO”

FEDERACIÓN DE AA.VV. “A CHAMUSCA” DE MOAÑA

MULLERES DA ESCOLA VELLA DO HÍO

MULLERES PROGRESISTAS DE CANGAS

MULLERES RURAIS DE CANGAS