Comarcas
Outras noticias
Plataforma en defensa da sanidade publica da area do Barco
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública
- LEVAMOS AO PARLAMENTO AS DEMANDAS SANITARIAS DE CANGAS
- CONCENTRACIÓN DIANTE DO CONCELLO O VENRES 2 DE XUÑO
- MOBILIZACIÓN CIDADÁ EN CANGAS
- NA ASEMBLEA CIDADÁ DEBATIMOS SOBRE O DÉFICIT NA ATENCIÓN PEDIÁTRICA EN CANGAS
Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública Ferrol
- PECHE DE CAMAS
- I Xornadas en Defensa da Sanidade Pública. Ferrol, 18 e 19 de outubro de 2013
- Milleiros de persoas manifestáronse a prol da Sanidade Pública o pasado día 27 en Ferrol
- Xoves 27 de xuño ás 19 horas con saída da Praza de España, Manifestación en Defensa da Sanidade Pública e contra os recortes, as privatizacións e o repago.
- Nota de prensa da Plataforma con respecto á atención a doentes no Centro de Saúde de Serantes
PLADESAPU > Inicio
- Fwd: RV: MOVILIZACION PLATAFORMA OURENSE SUPRESION URXENCIAS DE CIRURXIA PEDIATRICA
- O alcalde solicitará por carta a Núñez Feijoo que aclare a súa posición sobre a área sanitaria
- Ana Mato predica o naturismo para aforrar en medicinas
- VOSTEDE NON SE PREOCUPE (por Ramón Rodríguez)
- O Concello convoca outra asemblea sobre o hospital
Descarga
- Logo SOS
- Banner
- Modelo de cartaz manifestación 3 de xuño
- Folleto informativo manifestación 3 de xuño
- Folleto informativo manifestación 3 de xuño (duplo)
- Cartaz Manifesto ILP
- Logo ILP 1
- Logo ILP 2
- Logo ILP 3
Plataformas Sanidade
* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol
* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte de Lemos
* Plataforma contra a privatización de Pontevedra
* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área de O Barco
* Plataforma en defensa da Sanidade Pública do Salnés
* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Lugo
* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Ourense
* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Cangas
* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Moaña
* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Santiago
* Plataforma pola Defensa e Mellora da Sanidade Pública da Coruña
* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Vigo
* Plataforma en defensa da Sanidade Pública na Mariña
* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Barbanza
* Asociación Galega para a defensa da Sanidade Pública (Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública)
Procurar
Comunicado de prensa sobre o arquivo provisorio da denuncia sobre as agullas de insulina
COMUNICADO DE PRENSA da Plataforma SOS Sanidade Pública de Compostela en relación co auto xudicial que recoñece as deficiencias das agullas de inxección de insulina d@s pacientes diabétic@s, e arquiva provisoriamente a causa logo de que o SERGAS anunciara un novo concurso.
A Plataforma SOS Sanidade Pública Compostela, desmente o SERGAS, no caso relativo as agullas de inxección de insulina para persoas diabéticas. Tamén lle dí o SERGAS que non minta nin manipule a información.
A Plataforma SOS Sanidade Pública de Compostela, vén de manifestar o seu profundo malestar polo contido da nota emitida pola consellaría de Sanidade, na que se afirma que “se utilizaron probas falsas” no proceso xudicial da causa sobre o procedemento da contratación de subministro de agullas de insulina, cando no Auto Xudicial non se fai mención algunha a unha cuestión semellante. (Pódese ver o informe do Médico de Cabeceira da paciente afectada da radiografía que pon en cuestión o SERGAS, así como a sentencia na sua totalidade , para ver as mentiras da consellaría).
O Auto emitido polo Xulgado de Instrución nº 1 de Compostela, comunica o acordo de sobresemento provisorio e arquivamento da causa, toda vez que o SERGAS toma en consideración “as múltiples reclamacións relativas aos graves efectos secundarios que, segundo as e os doentes, provoca a utilización das agullas da marca INSUPEN” e tendo iso en conta, toma a decisión de “convocar un novo procedemento de contratación para a subministración sucesiva das agullas de inxección de insulina”.
No auto, recóllese tamén que o SERGAS constituíu, a raíz das denuncias, un grupo técnico de traballo, e que nos criterios de selección da adxudicataria, outorgaráselle un maior peso á proba do produto por parte das e dos doentes, até 36 puntos.
Xunto a isto, a administración incluirá no grupo que vai efectuar a avaliación do produto, ademais de a profesionais sanitarios, a 100 doentes diabétic@s captados nos centros de saúde, nas consultas de diabetoloxía, persoal do SERGAS insulinodependentes e doentes diabétic@s captados a través da asociación de diabétic@s.
A Plataforma SOS Sanidade Pública de Compostela, entende, diante disto, que o SERGAS recoñece a veracidade da denuncia presentada e manifesta a súa satisfacción, porque se muden os criterios de selección das adxudicatarias destes productos, atendendo aos efectos secundarios dos mesmos e non só a criterios económicos.
Por iso, non entendemos dende a Plataforma SOS de Compostela, que o SERGAS teña que recorrer “á mentira institucional” poñendo en cuestión as probas presentadas (máis de 400 denuncias, xunto ca radiografía) logo de recoñecer implícitamente a súa veracidade, até o punto de abrir un novo concurso e mesmo mudar os criterios de selección.
Xunto a isto, SOS Sanidade Pública de Compostela conxuntamente coa Asociación de Diabéticos/as advirte que “estaremos vixiantes” para que o SERGAS cumpra o seu compromiso recollido no informe que presentou o xulgado, e que derivou no sobresemento e arquivo provisorio desta causa.
Santiago 18 de outubro do 2016