SOS-Sanidade Publica adhírese á FOLGA XERAL polos EFECTOS NEGATIVOS DA REFORMA LABORAL SOBRE A SAÚDE

Luns, 26 Marzo 2012 14:39

Imprimir


A reforma laboral aprobada polo Goberno terá efectos moi significativos para a Saúde dos traballadores. A reforma modifíca o artigo 52.b do Estatuto dos Traballadores de maneira que permite o despedimento daqueles/as traballadores/as que teñan ausencias entre o 20 ao 25% da xornada laboral, incluíndo nas mesmas ás baixas por enfermidade común de duración inferior aos 20 días, sen ter en conta a taxa de absentismo da empresa (tal e como sucedía ata agora en que se necesitaba que esta fose superior ao 2,5%).


Que significa esta modificación?.

 

Que un/ha traballador/a cunha xornada de 40 horas semanais pode ser despedido/a se está 8 días de baixa en 2 meses.


Que efectos ten sobre a saúde esta situación?

 

- Haberá unha diminución do número de baixas por enfermidade, sobre todo por procesos agudos, en que os propios traballadores serán os que non queiran unha baixa a pesar de estar enfermos, fenómeno este que xa se detectou nos últimos anos, debido ao aumento do paro.


- Como as enfermidades non diminuirán, e máis que probable que as persoas que estean enfermas continúen traballando cos efectos que iso leva asociados: Diminución da capacidade de traballo, problemas na baixa do rendemento e/ou na calidade da produción.


- Un aumento da accidentabilidade porque traballadores coas súas capacidades físicas diminuídas teñen unha maior propensión a padecer accidentes laborais.


-  A presenza de traballadores con enfermidades infecto-contaxiosas nas empresas  será un risco para a propagación das mesmas na contorna laboral, e nos casos en que os traballadores teñen atención directa aos cidadáns converteranse nun foco de diseminación e contaxio da enfermidade.


Deixando de lado o que significa de perdida de dereitos dos traballadores, esta reforma implica tamén un risco para a saúde dos mesmos directamente e para o conxunto da poboación dun xeito indirecto, xa que vulnera algunhas das leis sobre saúde pública (Lei Xeral de Sanidade, Lei Xeral de Saúde Pública) e o  artigo 43 da Constitución que garante o dereito á protección da saúde.

 

Manuel Martin Garcia

Portavoz SOS Sanidade Pública