Concentracións Alianza Social Galega

Xoves, 13 Novembro 2014 11:38

Imprimir

Hoxe están convocadas diante das sedes do PP concentracións da Alianza Social Galega, da que forma parte SOS-Sanidade Pública, contra a Lei Mordaza que o goberno pretende impoñer. A Plataforma SOS-Sanidade Pública fai un chamamento á participación nestas concentracións, así como na manifestación que terá lugar o vindeiro día 23 de novembro en Santiago de Compostela.

 

 ASOGA_lei_mordazaConcentracións do día 13 diante das sedes do PP

- A Coruña: Ás 20:00 horas

- Burela: Ás 18:30 horas

- Ferrol: Ás 19:00 horas

- Lugo: Ás 20:00 horas

- Ourense: Ás 20:00 horas

- Pontevedra: Ás 19:30 horas

- Ribeira: Ás 19:30 horas

- Santiago: Ás 19:30 horas

- Vilagarcía: 20:00 horas

- Vigo: Ás 20:00 horas

 

 

MANIFESTO ALIANZA SOCIAL GALEGA:

A REFORMA DA LEI DE SEGURIDADE CIDADÁ E DO CÓDIGO PENAL IMPLANTA UN ESTADO POLICIAL

A nova lei de seguridade cidadá e a reforma do Código penal evidencian o seu obsesivo centralismo, os nulos principios democráticos polos que se rexe o PP e a que clase de intereses serve. Mentres actúa con esta dureza contra os movementos sociais, a clase traballadora e a realidade plurinacional do estado, mantén unha actitude de moita permisividade respecto aos delitos económicos que cometen os seus amigos e o capital financeiro.

Estas reformas normativas teñen como obxectivo reprimir a contestación social.

O PP está provocando, coas reformas laborais e sociais e coas súas políticas económicas, un recorte de dereitos e unha crecente precariedade das condicións de traballo e da calidade de vida das persoas. Ante a contestación social que xeran tales políticas, promove estas reformas para impedir protestas que as poñan en cuestión.

O exercicio democrático e constitucional do dereito á folga e a outros medios de protesta e reivindicación estano poñendo en cuestión as autoridades públicas mediante:

Por estas vías pretenden deslexitimar a resposta da cidadanía fronte ás reformas e actuacións inxustas propostas polo poder político deste Goberno.

Coa reforma do Código penal tipifícanse como delito unha serie de accións sociais que até o de agora non tiñan esa consideración.

o que supón un ataque frontal a dereitos sobre os que asenta a participación democrática: liberdade de reunión, manifestación e de folga.

O PP reforma a lei de seguridade cidadá

A tutela xudicial só opera unha vez imposta a sanción e grava a cidadanía coa carga de promover un proceso sometido a custos adicionais á propia sanción; custos incrementados tamén de forma arbitraria coa reforma da lei de taxas xudiciais.

Preténdese a persecución de todo tipo de mobilizacións e mesmo o exercicio de dereitos fundamentais:

Con esta reforma represiva, o Goberno pretende

E mentres se aplican estas reformas represivas,

Todo isto deteriora extremadamente o servizo público da xustiza encarecendo os custos e eliminando a proximidade e a facilidade para o acceso á xustiza.

Por todo o dito, as organizacións e entidades que conformamos a ALIANZA SOCIAL GALEGA denunciamos estas novas reformas do PP, claramente dirixidas a impedir o exercicio de dereitos fundamentais, e chamamos o pobo galego a dar unha resposta colectiva que impida este atentado ás liberdades públicas e este golpe de Estado encuberto.

Non podemos permitir este paso atrás, non podemos calar ante a criminalización da protesta social, ante o retroceso inaceptábel das liberdades públicas e das vías de participación democrática que pretende o Goberno do PP e nos sitúa nun escenario que nos retrotrae, en moitos aspectos, á época do franquismo.

 

Forman a Alianza Social Galega: A Mesa pola Normalización Lingüística; ADICAE GALICIA; Altermundo; ANPAS GALEGAS; Asemblea de Cooperación pola Paz; Asociación Cívico-Cultural Terra de Outes; Asociación Fuco Buxán; Asociación Galega de Historiadores; Asociación Galega de Mariscadoras/es (AGAMAR); Asociación Monte Pindo Parque Natural; Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA); Asociación Sociocultural Namentras; Asociación Sociopedagóxica Galega; Autónomos de Galicia, AUGA-UPTA; Boa Vida Inclusión Activa; Confederación Intersindical Galega (CIG); COGAVE; Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia; Colectivo Encontro Benestar Social; Comisión pola recuperación da memoria histórica da Coruña; Comités Abertos; CONFAPA Galicia; Confraría Pescadores Poboa do Caramiñal; Coordinadora Galega de ONGDs; Escola Viva; Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura; Federación de Asociacións de Mulleres Rurais; Federación de Profesionais e Autónomos/as de Galicia; Federación Galega do Medio Ambiente; Federación Galega de Bandas de Música Populares; Federación Rural Galega (FRUGA); Fundación 10 de Marzo; Federación de AA. de VV. de Pontevedra “Castelao”; Fundación Defensa dos Consumidores; Fundación Estudo e Divulgación da Cuestión Social e Sindical na Galiza; Fundación Galiza Sempre; Fundación Luís Tilve; Fundación Paz e Solidariedade; Iniciativa Estudantil Galega; Iniciativa Galega Pola Memoria; Instituto de Cooperación ao Desenvolvemento de Galicia ISCOD; Instituto Galego da Historia; Liga Estudantil Galega; Mesa Galega de Educación no Rural; Movemento polos Dereitos Civís; Nova Escola Galega; Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (ORGACCMM); Plataforma en Defensa do Ensino Público; Plataforma en Defensa do Sistema Público Galego de Servizos Sociais; Plataforma Galega Defensa do Ensino Público; Plataforma polo Emprego; Plataforma Queremos Galego; S. N. de CCOO de Galicia; Seminario Galego de Educación para a Paz; Sindicato de Estudantes; Sindicato de Xornalistas de Galicia; Sindicato Labrego Galego; Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza (STEG); SOS Sanidade Pública; UGT-Galicia; Unión de Traballadores Autónomos do transporte, o mar e as comunicacións de Galicia (UNIATRAMC-Galicia); Unións Agrarias; USTG; Xustiza e Sociedade.