Comunicado denuncia das Organizacións Sindicais ante a censura pola Dirección do CHUAC dunha charla en defensa da Sanidade Pública

Sábado, 13 Novembro 2010 14:43

Imprimir

CCOO, CIG-SAÚDE, SAE, SATSE e UXT queren denunciar a prohibición, por parte do  Xerente do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (CHUAC), da Mesa Redonda en Defensa da Sanidade Pública, convocada pola Xunta de Persoal no Salón de Actos do Hospital, para o vindeiro luns 15 de novembro, ás 11.30 horas.

Diante de tan grande agresión anunciamos que:

Manterase a convocatoria da mesa redonda, aínda que sexa na rúa, e convocamos a todos os traballadores/as do noso complexo hospitalario a unha concentración na rotonda da planta baixa, o vindeiro luns 15, ás 11.30 horas, en:

- defensa da liberdade de expresión

- en defensa da liberdade sindical

- en defensa da sanidade pública

Esta é a primeira vez, na historia deste hospital, que se prohibe un acto convocado pola xunta de persoal.