Manifestación SOS Sanidade Pública Ourense

Venres, 01 Abril 2011 21:29

Imprimir

A Plataforma SOS Sanidade Pública quere mostrar o seu apoio á proposta manifestación o próximo 7 de abril na cidade de Ourense, en defensa do sistema sanitario público, contra a súa privatización, pola creación de novas infraestruturas hospitalarias e de atención primaria, e por unha atención digna e humana, convocada pola Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ourense, asociacións veciñais, de usuarios e de doentes, colexios profesionais, organizacións políticas, sociais e sindicais, cargos institucionais, alcaldes e concelleiros dos municipios de Ourense, Amoeiro, Carballeda de Avia, Parada do Sil e Coles.

A Plataforma SOS Sanidade Pública chama a tódalas Plataformas de Galicia a apoiar activamente esta nova mobilización  contra o deterioro e a privatización do noso Sistema Sanitario Público polo Goberno da Xunta de Galicia e a Consellería de Sanidade e a estar presente na mesma.