Saúde Mental

Movemento Galego da Saúde Mental

Apoios

SOS-sanidadepublica-Cultura

Con humor

2012-05-21_VIN_2012-05-14_00_32_43_davila

Plataformas Sanidade

* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol


* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte de Lemos


* Plataforma contra a privatización de Pontevedra


* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área de O Barco


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública do Salnés


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Lugo


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Ourense


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Verín

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Cangas


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Moaña

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Santiago


* Plataforma pola Defensa e Mellora da Sanidade Pública da Coruña

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Vigo


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública na Mariña

* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Barbanza

* Asociación Galega para a defensa da Sanidade Pública (Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública)


Procurar



Xente do mundo cultural galego apoian a SOS Sanidade Pública

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

fsdgfg
A escritora Marilar Aleixandre, a actriz Patricia Vázquez (a coñecida “Lidia” da serie televisiva Padre Casares), e a cantante Uxía Xenlle, presentaron hoxe en Santiago un manifiesto asinado por 17 coñecidas personalidades do mundo cultural galego no que explicitan publicamente o seu apoio  á “SOS Sanidade Pública”, e á  manifestación que esta plataforma cidadán convoca para o 21 de novembro en Compostela contra a privatización da Sanidade Pública.
      
Alén das tres persoas citadas que estiveron na súa presentación pública, o manifesto tamén está asinado, polos escritores Manuel Rivas, Suso de Toro, Maria Reimundez, Cesareo Sanchez Iglesias, Carme García Negro, e Fermín Bouza; polos actores Antonio Durán “Morris” e Avelino Gonzalez (Edelmiro e “Miñato” na popular serie da TVG “Padre Casares”). As outras persoas que subscribiron o manifesto son Antón Reixa (propomotor cultural, director de cine, e artista), o actor Carlos Blanco, o músico Xurxo Souto, e os pintores Manuel Quintana Martelo e Menchu Lamas, e Antón Patiño.


SANIDADE PÚBLICA OU BARBARIE PRIVATIZADORA

Os servizos públicos como a sanidade, a educación públicas, a asistencia social, son conquistas da cultura humanista, logros de xeracións de traballadores e traballadoras e da cidadanía no seu conxunto. Forman parte dos valores que debe defender calquera sociedade que crea na xustiza social, das cousas que nos dan orgullo, que nos fai sentir que vivimos nunha sociedade un pouco máis xusta que outras. Son o legado que nos deixaron as xeracións anteriores e son, tamén, froito do noso esforzo. Sentimos orgullo dos nosos servizos públicos, sentimos orgullo da nosa sanidade pública, porque é boa, porque nos atende ben, porque podía atendernos aínda mellor cunha política que a coidase e porque, ademais, é nosa.

No tempo de malas colleitas roldan os raposos e baixan os lobos do monte, este é o tempo no que temos que defender a nosa sanidade pública dos que veñen trabar nela mostrando os dentes. Este é o tempo no que temos que defender a sanidade pública da barbarie, tanto ten que a barbarie se nos presente coas mellores maneiras, veñen ao que veñen, veñen a por ela.

Será a nosas xeración quen vexa como lle tiran das mans o que é público, de todos? Será a nosa xeración quen permitan que llo rouben, pura e simplemente? Pois seguirá a haber sanidade, mais será de propiedade deles, duns poucos. O noso pasará a ser seu. Non se trata dunha destrución, trátase dun roubo. Agora, cando entramos nun centro de saúde pública entramos na nosa casa, cando privaticen a sanidade entraremos na tenda de outros e seremos os seus clientes. Primeiro ven o roubo, logo virá ademais o termos que pagar.

Un roubo tan enorme diante dos nosos ollos non pode realizarse sen facelo ás agachadas e buscando coartadas, a coartada quere ser a crise económica. Coa desculpa da crise económica, o goberno galego está a traernos a Galicia a política das administracións “Gurtel”, a política sanitaria que xa fan en Madrid e Valencia: reducen os orzamentos para a sanidade e ao tempo meten o capital privado nas novas infraestruturas sanitarias. Arruínan primeiro o público para privatizalo logo e facer negocio. As consecuencias son nefastas para a poboación do noso país:

Retraso na apertura do hospital de Lugo, que o vai facer nacer xa privatizado en parte; retrasos e privatización no novo hospital de Vigo e na ampliación do Complexo Hospitalario de Pontevedra; privatización dos novos centros de saúde; avanzados proxectos de privatización da alta tecnoloxía radiolóxica e dos laboratorios; privatización, privatización, ...

Non hai dúbida que padecemos unha crise, sábeno mellor que ninguén os traballadores que son quen a paga sen ter culpa ningunha na súa orixe; precisamente por iso é máis preciso que nunca que a administración escoite aos sindicatos, ás organizacións sociais, aos cidadáns. Por iso chamamos ao conxunto da cidadanía a que se faga ouvir e apoie á plataforma “SOS Sanidade Pública”, a plataforma que nos representa a todos os que estamos pola defensa e a mellora da sanidade pública galega. Por iso nos, xente da cultura galega, apoiamos a manifestación convocada en Compostela, o próximo domingo 21 de novembro, por “SOS Sanidade Pública” en defensa do que é noso e que nos queren quitar para faceren o seu negocio. Defendemos a nosa sanidade pública.

 

Antonio Durán “Morris” (actor), Antón Patiño (pintor), Antón Reixa (artista e promotor cultural), Avelino González (actor), Carlos Branco (actor), Cesareo Sánchez (escritor), Fermín Bouza (sociólogo e escritor), Marilar Alexandre (escritora), Manuel Quintana Martelo (pintor), Manuel Rivas (escritor), Maria Reimondez (escritora), Menchu Lamas (pintora), Patricia Vázquez (actriz), Pilar García Negro (filóloga), Suso de Toro (escritor), Uxía Senlle (cantante), Xurxo Souto (músico).

 

Compostela, 16/11/2010

 

Descargar documento
.