Descarga
- Logo SOS
- Banner
- Modelo de cartaz manifestación 3 de xuño
- Folleto informativo manifestación 3 de xuño
- Folleto informativo manifestación 3 de xuño (duplo)
- Cartaz Manifesto ILP
- Logo ILP 1
- Logo ILP 2
- Logo ILP 3
Plataformas Sanidade
* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol
* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte de Lemos
* Plataforma contra a privatización de Pontevedra
* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área de O Barco
* Plataforma en defensa da Sanidade Pública do Salnés
* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Lugo
* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Ourense
* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Cangas
* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Moaña
* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Santiago
* Plataforma pola Defensa e Mellora da Sanidade Pública da Coruña
* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Vigo
* Plataforma en defensa da Sanidade Pública na Mariña
* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Barbanza
* Asociación Galega para a defensa da Sanidade Pública (Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública)
Procurar
S.O.S. Sanidade Pública
Feijóo e as súas amizades...
Luns, 01 Abril 2013 09:42
Ante a noticia do Diario El Pais de que o actual presidente galego mantivo nos anos noventa unha estreita amizade con persoas relacionadas co narcotráfico a SOS-Sanidade Pública quere recordar que son dabondo coñecidas as relacións e devaneos de altos dirixentes do PP (Fraga, Fernandez Albor , Rajoy, etc.) con personaxes deste ámbito, como foi recollido polos principais medios de comunicación ao longo dos últimos anos.
Con todo, o que chama a atención e resulta especialmente escandaloso é que o Sr.Feijoo mantivese estas relacións en momentos en que desempeñaba altas responsabilidades na administración sanitaria (Secretario Xeral da Consellería de Sanidade de Galicia, Secretario General de Asistencia Sanitaria no Ministerio de Sanidad y Consumo, e Presidente do Instituto Nacional de la Salud-INSALUD) e cando o problema da droga afectaba a miles de mozos. É dabondo coñecida a admirable loita das organizacións de nais por sacar desta situación aos seus fillos naqueles dramáticos tempos.
Queremos recordar, neste mesmo senso, que ou actual goberno do PP, que chegou de novo a Xunta de Galiza non ano 2010, ven recortando, ano tras ano, os orzamentos da rede de prevención e asistencia a drogodependentes que recolle ou Plan Galego de Trastornos Aditivos, que ascende a 2.091.469 euros sobre ou orzamento do 2012, o que está a provocar que no ano 2013 non se asine ou convenio de colaboración ente a Consellería de Presidencia, a Consellería de Sanidade e a Federación galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) en materia de drogodependencias e trastornos aditivos.
A Consellería de Sanidade decidiu tamén suprimir todo o investimento dos Equipos de Prevención, polo que os Concellos son incapaces de seguir a prestar esta asistencia, poñendo en risco a continuidade de 43 programas prevención.
No caso dos Equipos que prestan Asistencia u recorte vai a por en risco a continuidade dos mesmos, dado que os concellos non van poder asumir un recorte orzamentario de máis do 15%, que nalgún deles suporá un recorte de máis de 40.000 euros.
Señor Feijóo, inda non se enterou de que ninguén o quere?
Luns, 04 Marzo 2013 12:14
Alá onde vai Alberto Núñez Feijóo é recibido por multitude de persoas, mais non con aplausos, senón con berros, ruído e consignas. Queremos que se acaben os recortes, queremos que se cree emprego e deixe de aumentar o paro, queremos servizos públicos, queremos que se lles devolvan os cartos ás persoas estafadas polas preferentes, queremos SANIDADE PÚBLICA... Miles de reivindicacións que se lle fan chegar a Feijóo vaia onde vaia:VENRES, 1 DE MARZO. VILAGARCÍA. CELEBRACIÓN DO CENTENARIO.
Afectad@s polas preferentes, Plataforma en Defensa da Sanidade Pública e público en xeral reciben a Feijóo, que se achegaba para festexar o Centenario da unión de Vilagarcía con Vilaxoán e Carril.
SÁBADO, 2 DE MARZO. BURELA. CONGRESO PROVINCIAL DO PP DE LUGO.
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública convocou cacerolada para esixir que non se formalice a área sanitaria única provincial en Lugo. Centos de persoas apuparon a Feijóo e a plana maior do PP no congreso provincial do Partido Popular de Lugo. Mesmo as forzas represoras chegaron a deter a unha persoa. Feijóo marchou escoltado cobardemente sen sequera mirar para as persoas que alí se concentraron.
SÁBADO, 2 DE MARZO. BAIONA. FESTA DA ARRIBADA.
Afectad@s polas preferentes conseguen reducir o acto a media hora en medio dun intenso ruído.
A protesta en Baiona de afectados polas preferentes caldea os actos da Arribada
Afectados polas preferentes boicotean o acto institucional da Arribada.
SEÑOR FEIJÓO, ENTÉRESE: NINGUÉN O QUERE DE PRESIDENTE, NINGUÉN QUERE AS POLÍTICAS DO PP!!!
SANIDADE PÚBLICA!!!!!
Ante o peche dos servizos de garda médica nos centros penitenciarios
Mércores, 20 Febreiro 2013 09:58
Ante o anuncio de que a Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarias pretende suprimir as gardas médicas de presenza física nalgúns Centros Penitenciarios, para aforrar gasto por culpa da crise, a Plataforma SOS Sanidade Pública, quere comunicar que:
1.- Compartimos a preocupación e rexeitamento expresado pola SOCIEDADE ESPAÑOLA DE SANIDADE PENITENCIARIA que atribuía esta medida á vontade de aforro orzamentario da administración , xa que non estivo precedida de ningún estudo nin foi consensuada os profesionais da Sanidade Penitenciaria
2.- Empeorará a saúde da poboación recluída, atentando contra o dereito á saúde das persoas privadas de liberdade
3.- Vulnerará o dereito a unha atención sanitaria en condicións de respecto ao resto da poboación.
4.- Terá serias repercusións para a saúde dun colectivo moi vulnerable dado que entre eles danse con maior intensidade problemas de consumo de drogas, VIH, enfermidades transmisibles, etc e as prisións están na súa maioría a bastantes quilómetros de distancia dun Centro Hospitalario polo que a ausencia de servizo atrasará a asistencia médica de urxencias desta colectivo. A distancia en tempo de Teixeiro A Coruña son 40 minutos , a Santiago unha hora, a Lugo 45 minutos, En A Lama, dende Vigo son 47 minutos e dende Pontevedra son 34 minutos; Pereiro , dende Ourense son 20 minutos.Monterroso , dende Lugo, 37 minutos e Bonxe , 23 minutos
5.- Deixará a decisión sobre unha atención médica inmediata dun interno en mans dos funcionarios, función para a que non están capacitados.
6.- Paradóxicamente a supresión das gardas incrementará o gasto sanitario dado que a actuación destes servizos fan innecesarios moitos traslados a Centros Hospitalarios de referencia
7.- Exisimos a integración da sanidade penitenciaria nos respectivos servizos públicos sanitarios a fin de evitar as diferenzas asistenciais existentes, en cumprimento do previsto na Lei de Cohesion do SNS.
SOS Sanidade Pública insta á Consellaría de Sanidade a manter os equipos de prevención e asistencia en materia de drogodependencia, que funcionan desde hai máis de 20 anos
Luns, 04 Febreiro 2013 10:16
Desde o ano 2010, ano no que o actual goberno do PP chegou de novo á Xunta de Galiza, ven recortando, ano tras ano, os orzamentos da rede de prevención e asistencia a drogodependentes que recolle o Plan Galego de Trastornos Adictivos.
O que recolle o proxecto de Lei de orzamentos para o ano 2013, é un recorte de cantidades que ascende a 2.091.469 € sobre o orzamento do 2012. O que está a provocar é que no ano 2013 non se asine o convenio de colaboración entre a Consellaría de Presidencia, a Consellaría de Sanidade e a Federación galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) en materia de drogodependencias e trastornos adictivos.
Con estes orzamentos a Consellaría de Sanidade decidiu suprimir todo o investimento dos Equipos de Prevención, ante esta situación os Concellos son incapaces de seguir a prestar esta asistencia, poñendo en risco a continuidade de prevención: 43 programas, e consecuentemente os postos de traballo do persoal destes servizos, 61 traballadoras/es.
O peche dos equipos de prevención vai afondar nos problemas sociais e de saúde pública. Paradoxicamente, por unha banda a Consellaría de sanidade deixa sen dotación económica estes programas, mentres segue a manter a súa campaña de publicidade enganosa, xa que o Plan Galego de Trastornos Adictivos 2011-16 recolle nos seus obxectivos "impulsar os programas de prevención de carácter universal”…
No referente aos Equipos que prestan Asistencia, o recorte orzamentario vai por en risco a continuidade dos mesmos. Os concellos non van poder asumir un recorte orzamentario de máis do 15%, que nalgún deles suporá un recorte de máis de 40.000€
Desde SOS-Sanidade Pública esiximos á Consellaría de Sanidade que manteña a dotación orzamentaria suficiente, estamos a falar dos orzamentos do ano 2009, para garantir a continuidade dos programas que están a levar a cabo os equipos de prevención e asistencia. E instamos á Consellaría de Sanidade a que estableza as vías de diálogo para que esta prestación sexa da propia Consellaría contando cos profesionais existentes.
Mañá debátese a ILP de SOS-Sanidade Pública no Parlamento
Luns, 17 Decembro 2012 23:58
Mañá debátese no Parlamento a ILP de SOS-Sanidade Pública, esa Iniciativa Lexislativa Popular que acadou máis de 40.000 sinaturas e que foi vetada para o se debate polo PP no período de sesións da anterior lexislatura, obviamente porque non lles interesaba que se debatera antes das eleccións.Mañá SOS-Sanidade Pública estará diante do Parlamento de Galiza a partir das 10 hs para apoiar ao portavoz da Plataforma, Manolo Martin, que será o encargado de defender a ILP diante dos deputados e deputadas.
SOS-Sanidade Pública ante a folga xeral do 14-N
Martes, 06 Novembro 2012 18:19
Participa na protesta do día 14 de novembro promovida pola Alianza Social Galega contra a política de recortes de dereitos laborais, do desmantelamento do Sistema de Benestar Social e de privatización da sanidade pública.

Mostra o teu rexeitamento aos:
- Recortes do gasto sanitario público e incremento dos concertos con centros privados
- Pagos de receitas polos pensionistas e a supresión do financiamento público de máis de 400 medicamentos
- Pago por transporte non urxente en ambulancias, próteses, cadeiras de rodas, muletas, alimentos especiais para enfermos graves
- Proxectos de privatización de hospitais como os de Vigo e Pontevedra
- A paralización da construción de 66 centros de saúde (reducidos a 15 e coa metade de recursos previstos)
- Desmantelamento das áreas sanitarias para aforrar e favorecer aos centros privados
- Mantemento do concerto singular co hospital privado POVISA
- Privatización dos servizos de información, plataforma informática, central de compras, etc que beneficiaron aos seus amigos
- O Real Dercreto16/2012 que pretende acabar coa asistencia gratuíta, cunha oferta de servizos limitada que obrigará a pagar polos non incluídos na mesma.
- A retirada do dereitos á atención a quen non cotice por non ter traballo como menores de 26 años , mulleres divorciadas, persoas excluídas ou inmigrantes sen papeis.
- A paralización dos hospitais pola tarde que incrementaron nunha terceira parte as tempos de espera, polo que hai máis de 40.000 pacientes nas listas de espera pública e outro tanto nas ocultas
- Despedimentos de centos de profesionais e traballadores sanitarios de todas as categorias
Pedimos á ciudadanía galega que ese día
- Salvo situacións de urxencias non acuda aos hospitais, centros de saúde e farmacias
- Realice concentracións con carteis e pancartas fronte aos centros sanitarios da súa área ou localidade.
Salvemos a sanidade pública ameazada de morte polas políticas de recortes e privatizacións impulsadas polos gobernos de Núñez Feijoo e Mariano Rajoy
Denunciamos á Dirección de Recursos Económicos do SERGAS
Mércores, 17 Outubro 2012 09:13
Esta Plataforma denunciou á Dirección de Recursos Económicos do SERGAS diante do Xulgado de Garda de Santiago de Compostela por posibles indicios de delito no caso do contrato con PRICE WATERHOUSE COOPERS S.L
.
Esta denuncia baséase en que a Dirección de Recursos Económicos do SERGAS non achegou ao Xulgado do Contencioso-administrativo de Santiago o informe encargado á consultora PRICEWATERHOUSECOOPERS S.L. (“consultora de cabeceira” do SERGAS) no que se debería avaliar as ofertas presentadas polas distintas construtoras na contratación pública para explotar o Novo Hospital de Vigo.
O citado informe debería avaliar as ofertas presentadas no proceso de adxudicación do contrato para financiar e construír o Novo Hospital de Vigo, e o seu custo ás Arcas Públicas Galegas ascendeu a 220.660 euros.
Como é sabido dúas Unións Temporais de Empresas presentaron ofertas: unha liderada por Acciona e outra liderada por Grupo San José. O anuncio para licitar este informe de asesoramento de ofertas saíu publicado no Diario Oficial de Galicia durante o mes de Agosto de 2010 e tramitouse de forma urxente.
.
Facémonos dúas preguntas
· É habitual usar o mes de Agosto para realizar tramitacións de contratos deste tipo?
· Por que se tramitou con carácter urxente?
.
A Dirección de Recursos Económicos do SERGAS sabía desde Maio de 2010 (tres meses de antelación: ver Diario Oficial de Galicia de 10 de Maio de 2010) que o prazo, para presentar ofertas na licitación para o financiamento, construción e explotación do Novo Hospital de Vigo concluía o 2 de Agosto. Seica non debeu supor que se presentaría algunha oferta?, ata tería que pensar que se presentarían varias ofertas para explotar o NHV?. Se isto foi así por que motivo licitou o contrato que despois lle foi adxudicado a Pricewaterhousecoopers con carácter urxente?. Consideramos que se debería anunciar a licitación do contrato.
Desde a Plataforma Galega SOS-Sanidade Pública non entendemos os motivos polos que o SERGAS tivo que contratar externamente este proceso e por un importe tan elevado (en tempos de crise recadatoria), para asesorar a avaliación das ofertas presentadas. Consideramos que a administración pública ten á súa disposición un corpo funcionarial interno altamente capacitado, nas diferentes Consellerías da Xunta, para levar a cabo tal tarefa.
A Plataforma SOS-Sanidade Pública de Galicia presentou un recurso contencioso-administrativo contra a resolución do SERGAS de 19 de Xaneiro de 2011 (DOG de 15 de Febreiro de 2011), de concesión a unha Sociedade Mercantil do contrato de obras públicas do novo hospital de Vigo. O SERGAS, tras requirimento xudicial, enviou ao Tribunal case 2.000 folios, cada un deles debidamente conformes e cotexados pola Subdirección Xeral de Investimentos do SERGAS. Devanditos folios foron trasladados puntualmente á parte demandante que represento, que tivo por iso agora a oportunidade de revisalos, non atopando neles ningún informe da Sociedade Limitada denominada Pricewaterhousecoopers Coorporate Finance (adxudicataria do contrato administrativo de 220.660 euros, apuntado na o apartado 1) que xustifique a realización de devandito servizo de asesoramento.
Por todo iso consideramos que os feitos anteriores puidesen constituír un ilícito penal tipificado no noso Código Penal (artigos 404 e 465.1.)
O interese da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da área de Vigo - SOS Sanidade Pública, desde a súa creación fai 20 anos, e composta por organizacións profesionais, sociais políticas e sindicais fundamentalmente, é a defensa da sanidade pública, da legalidade actual e do interese xeral.
.
En Vigo, a 16 de Outubro de 2012.
Asdo.: Manuel Martín García. Portavoz SOS Sanidade Pública
.
Mesa de debate e informativa
Luns, 15 Outubro 2012 13:02
Mesa de debate e informativa
Sobre os cambios que os recortes e novas lexislacións xeran nos servizos públicos
Adeus sanidade, adeus educación publicas
Poñentes:
.
PABLO VAAMONDE (SOS-Sanidade Pública)
Médico de AP no centro de saúde de Labañou (A Coruña). Podemos salientar que foi presidente da AGAMFEC (Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria) entre 1996 e 2005, fundador e director da revista médica "Cadernos de Atención Primaria" entre 1994 e 2005, membro da Comisión Sectorial de Sanidade que elaborou o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, promovido pola Dirección Xeral de Política Lingüística. Drirector Xeral de Asistencia Sanitaria no Goberno PsdeG-BNG. É tamén escritor, e colaborador habitual na prensa. A súa última publicación como coordinador foi o libro colectivo "A saúde como negocio".
.
ALBA NOGUEIRA (CIG-Universidade)
Profesora Titular de Universidade de Dereito Administrativo e Secretaria da Facultade de Dereito. Cursou estudios de especialización en materia de urbanismo e medio ambiente. É membro do Observatorio de Políticas Ambientales e do Observatorio Galego de dereitos lingüísticos. Autora de numerosas publicacións, tanto libros como artigos.
Martes 16 ás 19:30 na Aula Castelao (Facultade de Medicina).
Santiago de Compostela.
Organiza: SOS-Sanidade Pública e Liga Estudantil Galega
ANÁLISE DA SITUACIÓN E PROPOSTAS SOBRE A SANIDADE PÚBLICA GALEGA
Luns, 08 Outubro 2012 09:23
SOS-Sanidade Pública lanza este documento de análise da situación, e propostas para a Sanidade Pública da Galiza, enmarcado nun proceso electoral que pode ser decisivo para a nosa sanidade. Pódese descargar o documente desde esta ligazón: Documento SOS-Sanidade Pública .Introdución:
A grandes trazos podemos definir dúas posicións confrontadas en relación coa política sanitaria:
- Hai unha corrente progresista que entende a sanidade pública como un dos piares esenciais do estado do benestar, defende a atención sanitaria como un dereito dos cidadáns e promove o acceso aos servizos de forma universal e gratuíta, sen ningunha restrición. A Lei Xeral de Sanidade apoia esta estratexia.
- Na outra banda existe un pensamento ultraliberal que considera que cadaquén debe acceder aos servizos sanitarios que poida custear. Esta corrente, asumida con entusiasmo polo PP, defende un argumentario elemental baseada en dúas falacias: a insustentabilidade do actual sistema sanitario e que a xestión privada da sanidade é máis eficiente que a pública. O Real Decreto Ley 16/2012, imposto polo goberno central, é un paso capital nesta estratexia: recupera a figura do “asegurado”, polo que hai colectivos de cidadáns que quedan excluídos da cobertura sanitaria.
Cando o PP ocupou o poder en Galicia en 2009, Núñez Feijóo afirmou que levaría a cabo políticas de austeridade pero sen reducir os orzamentos de sanidade, educación e servizos sociais. Minteu doblemente: estes departamentos son os máis atacados polas súas actuacións mentres que, durante o seu mandato, a débeda de Galicia medrou o triplo que co goberno bipartito.
A política sanitaria do Partido Popular está orientada a recortar o dereito á saúde para transformalo nunha mercadoría. Pretende desmantelar o sistema sanitario público, potenciar o aseguramento privado e dar participación ás empresas privadas na prestación de servizos sanitarios con diñeiro público. Hai unha estratexia global -impulsada polo FMI e o BCE- que o goberno do PP está a impoñer en Galicia desde o inicio da lexislatura. As diferentes medidas adoptadas (redución dos orzamentos sanitarios, recorte das prestacións, restricións no acceso aos servizos, externalización de actividades, privatización da xestión hospitalaria etc) están enmarcadas nesta corrente ultraliberal e motivadas pola mesma estratexia: a precarización dos servizos sanitarios públicos e a definición de espazos de negocio. Estes son os elementos básicos da súa actuación:
Os elementos básicos da estratexia sanitaria desenvolvida polo PP en Galicia:
- Deterioración e descapitalización do sistema sanitario público.
- Privatización da estrutura do sistema e dos servizos que presta.
- Desmantelamento dos alicerces do sistema: universalidade, equidade e accesibilidade aos servizos.
O orzamento sanitario sufriu unha importante redución (300 millóns de euros respecto do ano 2009, o que representa o custo do novo hospital de Vigo). Este recorte traduciuse na paralización de programas clave e na redución da actividade dos servizos asistenciais.
Suprimiron o Plan de Mellora da Atención Primaria, que supuxo a perda de máis 1.600 postos de traballo e a paralización da construción de 66 novos centros de saúde, que deixaron en 19 (que ademais reduciron a superficie nun 30%).
Paralizaron a actividade hospitalaria de tarde, co consecuente aumento das listas de espera. Os tempos de espera medraron un 30% respecto ao anos 2009 polo que actualmente hai 38.000 pacientes que están pendentes de intervención cirúrxica.
Desmantelaron parcialmente e fixeron recortes nas áreas sanitarias do Barco, Barbanza, Monforte, Burela, Salnés e Verín.
Tamén pecharon diversos servizos e paralizaron programas de saúde postos en marcha polo anterior goberno. Anunciaron a supresión dos radiólogos de urxencias nos hospitais comarcais; ademáis pecharon varios laboratorios de análises clínicos. Suspenderon o desenvolvemento do Plan da Muller e abandonaron definitivamente o Plan de Saúde Mental; suprimiron os programas de atención a drogodependentes e pacientes con SIDA.
Houbo unha total ausencia de políticas de racionalización e de mellora da calidade, o que supón o mantemento do gasto farmacéutico máis alto do Estado, por non desenvolver estratexias integrais e polo uso irracional dos recursos, polo que se malgastan máis de 550 millóns de euros ao ano.
Realizaron unha drástica redución do persoal co despedimento de interinos e contratados (só repuxeron o 10% das vacantes resultantes das xubilacións e outras vacantes), incumprindo a Lei de Saúde de Galicia que ordena realizar convocatorias bianuais das vacantes.
Abandonaron tamén os escasos incentivos laborais existentes dirixidos a mellorar a calidade ou a eficiencia: fixeron recortes salariais e eliminaron días de descanso, paralizaron a Carreira Profesional, e fixeron unha tremenda precarización das condicións laborais coa utilización de contratos lixo por horas ou días sen cobertura completa da seguridade social. Os novos profesionais da saúde están condenados ao paro e, novamente, a emigrar a outros países para poder traballar.
2.- Privatización da estrutura do sistema e dos servizos asistenciais
A única partida do orzamento sanitario público que experimentou un incremento foi a de concertos co sector privado.
Privatizaron servizos estratéxicos para o funcionamento do sistema como a Central de Chamadas, a Plataforma Informática, ou a Central de Compras.
Van continuar e mesmo mellorar o concerto singular de Povisa, para o que cal recortaron o proxecto de novo hospital de Vigo, no que suprimiron as 400 camas previstas para asumir a atención da poboacion atendida ata agora por este centro privado.
Privatizaron o financiamento, construción e xestión dos novos centros como o novo hospital de Vigo que, ademais de multiplicar os seu custo de construción que pasa de 250 a 1.400 millóns de euros (1.800 se incluímos todos os conceptos), sufriu un serio recorte na súa superficie, camas, servizos e na calidade dos materiais e equipamento.
Paralizaron a ampliación do Hospital Montecelo de Pontevedra para construír un hospital novo, de xestión privada, que multiplicará o seu custo e déixano baixo o control de mans privadas (vai ser, probablemente, inviable na actual situación ce crise económica). Tamén abandonaron os Plans Directorios dos Complexos Hospitalarios de Ourense, A Coruña, Santiago e Ferrol, e as obras de reforma e a construción de novos Centros de Saúde.
Externalizaron a diálese renal e outros servizos como a Anatomía Patolóxica e os laboratorios dalgúns hospitais.
Manteñen a MEDTEC disfrazado de GALARIA, que ven actuando como un instrumento dirixido á privatización dos recursos e controis tecnolóxicos e a facilitar a penetración do sector privado na sanidade pública. Asímesmo manteñen as Fundacións Sanitarias aínda acollidas a xestión privada como o INGO, 061, Centro de Transfusións e o Instituto de Oftalmoloxía.
3.- Desmantelamento dos alicerces do sistema: Universalidade, equidade e accesibilidade aos servizos
O desenvolvemento en Galicia do Real Decreto 16/2012 supón introducir o copagamento (repago) por servizos e prestacións sanitarias. Este Real Decreto obriga
aos pensionistas a pagar unha parte dos medicamentos, as próteses, o transporte en ambulancia non urxente, e os alimentos especiais.
Tamén contempla a supresión da Carteira de Servizos única, universal e gratuíta no momento do uso. Haberá servizos básicos, complementarios e accesorios. A sanidade pública pode que limite a cobertura ao paquete básico, e haberá que pagar polo resto das prestacións (ben directamente ou mediante un aseguramento complementario). Neste grupo de servizos optativos pretenden incluír as mamografías, os tratamento de esterilidade, a rehabilitación etc. Núñez Feijóo anunciou tamén a súa intención de que os pacientes hospitalizados paguen a comida, a limpeza ou mesmo as cadeiras utilizadas polos acompañantes.
Propostas da Plataforma SOS Sanidade Pública
1. Incrementar o gasto sanitario para recuperar o nivel do ano 2009.
2. Elaborar un Plan de Saúde que responda ás necesidades reais de todos os cidadáns e garanta a racionalidade e a equidade.
3. Desenvolver políticas para racionalizar o gasto sanitario en lugar de recortar dereitos e prestacións. Consideramos necesario reducir o gasto farmacéutico inadecuado, a utilización irracional de probas diagnósticas ou terapéuticas que, ademais de innecesarias, poden danar a saúde de quen as recibe. Hai que desenvolver estratexias, consensuadas cos profesionais e cidadáns, dirixidas a mellorar a calidade e a racionalidade das prestacións como guías clínicas, vías clínicas ou protocolos dirixidos a diagnosticar e tratar con racionalidade baseada na evidencia as enfermidades máis frecuentes e importantes.
4. Recuperar o modelo de financiamento público para construír, reparar e xestionar todos os centros sanitarios. Hai que denunciar o incumprimento do contrato polas empresas concesionarias privadas para a construción do Novo Hospital de Vigo e devolvelo ao financiamento e xestión pública (a Concesionaria a reducido o centro nin 30% e carece de capacidade para financialo). Cómpre reiniciar de forma inmediata a ampliación do Hospital Montecelo (que leva paralizado tres anos) con financiamento público. E haberá que afrontar de xeito urxente os Plans Directorios dos Hospitais que freen a súa deterioración e melloren a súa actividade adaptándoa ás necesidades asistenciais de cada área (como contemplaba o Plan Directorio anulado polo actual goberno da Xunta). Tamén será preciso levar ao Consello Interterritorial de Sanidade a derogacion da Lei 15/1997 de novas formas de Xestión.
5. Hai que pór en marcha unha política incentivadora do persoal sanitario, consensuada cos traballadores e os seus representantes, que contemple incentivos á calidade, a racionalidade e a produtividade dos traballadores sanitarios; hai que recuperar o desenvolvemento da Carreira Profesional.
6. É preciso eliminar os contratos lixo, e suspender a política de redución de persoal e de non repor as prazas dos profesionais que se xubilen; hai que volver substituír aos profesionais ausentes por baixa laboral ou por vacacións para evitar o crecemento das listas de espera e a masificación das consultas.
7. Cómpre recuperar os Programas da Muller, Saúde Mental, Drogodependencias e o de atención a persoas con SIDA.
8. Pechar GALARIA reintegrando os seus recursos e funcións ao sistema sanitario público. Reintegrar a xestión pública do SERGAS as fundacións de xestión privada como INGO, 061, Centro de Transfusións, Instituto de Oftalmoloxía, ou a FEGAS coias funcións deberian ser asumidas pola Subdirección de Investigación e Docencia
9. Hai que anular o Concerto Singular de POVISA que debe converterse nun centro concertado por patoloxías con carácter complementario.
10. Potenciar a Atención Primaria renovando un novo Plan de Mellora, que inclúa a creación de novas prazas, a construción dos 66 centros de saúde previstos, a eliminación das trabas para solicitar probas diagnósticas e a redución da burocracia.
11. Tamén se deberá utilizar plenamente os recursos públicos existentes, ampliando o horario dos centros hospitalarios para reducir as listas de espera e evitar desviacións innecesarias de pacientes a centros privados concertados. Incrementar os persoal e ampliar a actividade dos centros sanitarios en xornada ordinaria de mañá e tarde.
12. Recuperar a xestión pública (co persoal público da Conselleria e do Sergas) dos servizos de apoio, especialmente a Central de Compras, a Plataforma Informática, o Centro Loxístico de Almacenamento e Suministro e os procesos de decisión sobre prazas e concursos.
13. Hai que manter e dotar adecuadamente as Áreas Sanitarias cos recursos necesarios para planificar, xestionar e atender de xeito integrado as necesidades e problemas de saúde dos cidadáns con eficiencia, racionalidade e equidade.
14. Hai que suspender a aplicación en Galicia do Real Decreto 16/2012, que actualmente implica a imposición do copagamento farmacéutico para os pensionistas, a limitación de determinadas prestacións e a supresión do dereito á asistencia dos inmigrantes.
15. Desenvolver para a participación e responsabilización de cidadáns e traballadores sanitarios na planificación, xestión e control da actividade dos servizos sanitarios. Propoñemos pór en marcha unha escola de formación para a participación cidadá reorientando a orientación de Escola de Cidadáns dirixida a promover que os mesmos se fagan cargo da atención dos seus familiares en lugar dos servizos de saúde.
16. Incrementar os recursos para a atención a enfermos crónicos e a coordinación cos Servizos de Atención á Dependencia a nivel de cada Área. Crear unha Rede Sociosanitaria coordinada co Servizo Galego de Saude.
Plataforma SOS Sanidade Pública
Outubro de 2012
Santiago: Mesa Redonda con partidos políticos
Luns, 08 Outubro 2012 09:12
|
Unha Sanidade Pública |
|
Día 9 de outubro ás 19 horas Colexio de Medicos de Santiago (Rua San Pedro De Mezonzo, 39-41) Organizan Asociación Galega de Medicina Familiar, Plataforma Sos Sanidade Pública, Médicos do Mundo e Foro Galego de Inmigración |
Ante o Plan de Recortes do PP: mobilízate!!!
Xoves, 19 Xullo 2012 08:54
A Plataforma SOS Sanidade Pública rexeita o Plan de Recortes dos Gobernos central e autonómico do PP na Sanidade Pública e na Lei de Dependencia por ser unha agresión brutal ás persoas máis necesitadas de atención, á economía e á democracia, xa que ademais de inxustas estas medidas atentan contra dereitos esenciais da cidadanía.
Os gobernos conservadores volven eximir de responsabilidades e esforzos económicos aos bancos, as grandes empresas e aos grupos de maior renda, mentres cargan contra as persoas en paro, pensionistas, dependentes, enfermos, empregados públicos, traballadores e cidadanía en xeral, aos que reducen os seus dereitos e prestacións sanitarias e sociais
Este proceso de reformas socio- laborais pretende desmantelar do Estado de Benestar polo que se queremos salvalo é absolutamente necesario organizar unha rotunda e masiva resposta para evitar a demolición dos servizos púbicos e as políticas sociais
.
Mentres se inxectan máis de 100.000 millóns euros nos bancos responsables da crise e redúcense os impostos ás rendas máis altas, decídese unha amnistía fiscal para os defraudadores, increméntase o copago en farmacia e esténdese aos pensionistas, preténdese reducir o dereito universal á atención de saúde e paralízase a implantación do Sistema de Atención á Dependencia deixando por centos de miles de persoas sen protección impedindo a creación miles de empregos.
Os recortes non afectan só á sanidade senón que se estenderon a outros dereitos sociais como a educación, a vivenda, a xustiza, e as pensións nos que se incrementado as taxas, os copago e a privatizacións, vulneran os principios de universalidade, suficiencia e igualdade de acceso e cobertura que deben garantir os servizos públicos
Por todo isto a Plataforma SOS Sanidade Pública fai un chamamento a toda a cidadanía e as organizacións sociais a mostrar hoxe día 19 de xullo na rúa a súa rexeita estas as políticas do Goberno sumándose da mobilizacións untarías convocadas polas organizacións sindicais en Galicia en defensa da democracia, e o estado de benestar e en contra da supresión dos servizos públicos universais e accesibles, especialmente os de saúde .
Actividade SOS-Sanidade Pública luns 2 de xullo
Domingo, 01 Xullo 2012 16:19
Mañá luns día 2 de Xullo diversas Plataformas para a Defensa da Sanidade Pública integradas en SOS Sanidade Pública, convocan actos de repulsa aos copagos e recortes do sistema sanitario impulsados polo Goberno a través do Real Decreto Lei 16/2012, que ironicamente se di destinado a garantir a sustentabilidade e a calidade do sistema.
.
As accións previstas teñen diferentes formatos que van desde a concentracións ante os centros sanitarios do SERGAS á repartición de folletos informativos da súa repercusión sobre os cidadáns, especialmente os pensionistas e os máis enfermos ou discapacitados.
.
A Plataforma SOS Sanidade Pública considera a entrada en vigor destas medidas como o inicio dunha contrarreforma privatizadora que pretende restrinxir a atención sanitaria a un conxunto limitado de prestacións sanitarias para favorecer seguros privados complementarios; o pago polos pensionistas de medicamentos; o aumento dos pagos de por receitas os demais cidadáns con problemas de saúde; a exclusión do financiamento de medicamentos de amplo uso; o pago de servizos de ambulancias non urxentes, alimentos espaciais; ou a exclusión do dereito ao atención a persoas inmigrantes explotadas na economía mergullada.
.
Esta mobilización é o inicio dunha longa batalla para que o goberno de Rajoy retire as medidas que acaban coa universalidade, o libre acceso aos recurso e o carácter redistributivo do noso sistema sanitario, que a pesar de ser un dos máis baratos de Europa gozaba dun gran prestixio internacional
.
SOS esixirá ao novo goberno que salga das próximas eleccións autonómicas en Galicia que anule a aplicación do RD 16/2012 como o fixo, ata agora, o Goberno do Pais Vasco.
Manuel Martin
Portavoz SOS Sanidade Pública
A Coruña: concentración cidadá en defensa da Sanidade Pública
Venres, 29 Xuño 2012 16:02
NON PODEMOS PARARNOS OU ACABARÁN CON TODO.
SOS SANIDADE PÚBLICA A CORUÑA CONVOCA UNHA CONCENTRACIÓN CIDADÁ
O LUNS 2 DE XULLO ÁS 12 HORAS DIANTE DO SERGAS
PENSIONISTAS:
Mércores, 27 Xuño 2012 20:02
O goberno acordou que a partir do primeiro de xullo os xubilados e as xubiladas con pensións contributivas paguemos unha parte dos medicamentos que ata agora eran gratuítos.
.
A partir deste ano tamén teremos que pagar polas próteses e polos servizos de ambulancia non urxente.
.
A recente supresión da aplicación da lei de dependencia empeorará as condicións de vida de centos de miles de persoas maiores que non poden valerse por si mesmas.
.
Estes recortes fanse cando temos as pensións conxeladas e son en Galicia as máis baixas de todo o Estado Español.
.
O goberno rescata bancos e castiga aos máis débiles. Entre todos e todas temos que paralos porque xa teñen dito que isto é só o "principio do principio".
.
Non aos copagos e aos repagos!!
Contra os recortes e as privatizacións!!
Defendamos a Sanidade Pública!!
O PP impide o debate da ILP para a defensa e a promoción da Sanidade Púiblica promovida por SOS Sanidade Pública
Martes, 19 Xuño 2012 18:11
Ante o veto do Grupo do Partido Popular a que o Parlamento de Galicia debata a Iniciativa Lexislativo Popular e defensa do sistema sanitario público e da potenciación da Atención Primaria e en contra da súa deterioración e privatización a pesar de cumprir con todos os requisitos esixidos pola lexislación electoral e do propio Parlamento, a Plataforma SOS Sanidade Pública quere:
.
1.- Denunciar este comportamento antidemocrático que menospreza a vontade cidadá e vulnera a Constitución e as leis electorais que dan aos cidadáns a posibilidade de elevar ao Parlamento proposicións de lei para o seu debate e aprobación (sempre que teñan respaldo suficiente debidamente controlado pola Comisión Electoral como é o caso)
.
2.- Expor que a Iniciativa tivo un enorme respaldo, habendo recolleu máis de 45.000 o que supón superan con fartura as 1.5000 esixidas para a súa toma en consideración polo Parlamento.
.
Consideramos que esta negativa pretende acalar a vontade líberamente expresada por miles de galegos que de manase voluntario mostraron o seu rexeitamento á privatización e apoian os seus sistema sanitario público. O PP non acepta manter un debate que deixaría novamente en evidencia a súa intención de desmantelar e privatizar a sanidade pública galega para entregala a grupos empresariais, bancos e aseguradoras privadas afíns aos seus intereses.
.
A Plataforma SOS fai un chamamento á cidadá para que esixa a este partido que acepte as regras da democracia e anuncia que convocara no seu momento as mobilizacións oportunas para conseguilo.
SOS-Sanidade Pública ante o rescate
Luns, 11 Xuño 2012 08:56
Despois da concesión por parte do Eurogrupo dun creto de 100.000 millóns de euros para financiar á banca a petición do goberno español, SOS Sanidade Pública quere manifestar a súa total oposición a que esa medida se faga de novo a recaer sobre as costas da cidadanía moi castigada xa pola crise e que, ademais, é totalmente inocente do descalabro do sistema financeiro.
SOS Sanidade Pública continuará a súa loita para impedir que coa desculpa do aumento do déficit público e da débeda pública que provocará nas contas do Estado (o avalista final do empréstito) os gobernos de Rajoy e Feijoo continúen coas súas políticas de de retallamentos, repagamentos e privatizacións da Sanidade Pública.
SOS Sanidade Pública reitera que este rescate, consecuencia da crise financeira debe ser pagado polos seus responsables directos e polos que máis teñen, e non polas clases populares esquilmadas ata agora a base de suba dos impostos indirectos, taxas, aumento dos re-pagamentos e a diminución das coberturas sociais en xeral, que colocan a colectivos e sectores cada vez máis empobrecidos nos límites da exclusión social.
Finalmente, SOS Sanidade Pública colaborará con todas as iniciativas cidadás dispostas a pararlle os pes a este goberno dos banqueiros
Éxito de participación na Manifestación do día 3
Luns, 04 Xuño 2012 14:25
A Manifestación celebrada onte domingo en Santiago convocada por SOS Sanidade Pública en contra dos recortes e a privatización do sistema sanitario público congregou a miles de persoas que mostraron así a súa preocupación e repulsa aos cambios introducidos no sistema polos gobernos de Mariano Rajoy e Núñez Feijoo, que supón a eliminación dunha das bases fundamentais da Constitución que garantía o dereito universal á saúde de todos os cidadáns en condicións de equidade, accesibilidade e calidade.

A pesar da dificultades de organizar de xeito unitario a mobilización, esta tivo un indubidable éxito de participación, a pesar de ser momento difícil para estes eventos polos continuos chamamentos de diferentes organizacións de todo tipo a manifestar o seu descontento coas políticas para facer fronte á crise.
A elevada participación e as importantes adhesións do ensino público, a cultura, a política ou a sociedade, supón a confirmación de que SOS representa unha alternativa crible e unha esperanza para unha parte importante da sociedade galega (ata por encima da súa adscrición ideolóxica) de que a sanidade pública non esta perdida de xeito irremediable. Somos capaces de pór en cuestión con argumentos sólidos e comprensibles, as consecuencias previsibles das políticas de desmantelamento da sanidade pública que están levando adiante o PP nos gobernos central e galego.
A unidade, o traballo conxunto, e a lealdade mutua de todos/as en defensa do sistema de saúde son un dos principais valores de SOS que non deberiamos perder. Os riscos asociados ao éxito de SOS como alternativa mobilizadora contra a privatización sanitaria son evidentes (os gobernos intentan desacreditala, pode xurdir a tentación de manipulala con fins partidistas ou de desmantelala para evitar competencias con outros proxectos), pero fomos capaces de superalos.

Queremos agradecer o esforzo realizado ás organizacións, plataformas e persoas individuais que compoñen SOS e aos miles de cidadáns e cidadás que responderon ao seu chamamento e alertamos de que a batalla vai ser longa se queremos manter o noso sistema sanitario público.
Permisos para a manifestación do día 3
Venres, 01 Xuño 2012 14:57
Ante as noticias, recollidas nalgúns medios de comunicación de que o Concello de Santiago vetaba aos organizadores da Manifestación do domingo 3 de xuño en Defensa da Sanidade Pública a colocación do palco, a Plataforma SOS Sanidade Pública quere desmentir rotundamente esta noticia dado que contamos con todos os permisos necesarios para a realización da mesma
Manuel Martin Garcia
Portavoz SOS Sanidade Pública
Contra os recortes e a privatización da Sanidade Pública
Luns, 21 Maio 2012 21:56
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
Concentración contra os recortes e en defensa da Sanidade Pública en Ferrol
Venres, 18 Maio 2012 17:03

Escrito dirixido a Núñez Feijoo, entregado no Parlamento de Galiza
Xoves, 26 Abril 2012 08:47
No día de onte, 25 de abril, unha delegación da Plataforma SOS-Sanidade Pública rexistrou este escrito no Parlamento Galego dirixido ao Presidente da Xunta de Galiza, no que nos opoñemos rotundamente aos recortes impostos desde Madrid e pedímoslle a Alberto Núñez Feijoo que faga valer as competencias que ten a Xunta en materia de sanidade:
D. ALBERTO NÚÑEZ FEIJOO, SR. PRESIDENTE DA XUNTA DE GALIZA
O acordo do Consello Interterritorial de Saúde do día 18 de abril de 2012 referendado posteriormente no Consello de Ministros do venres 20 de abril produce o retroceso máis importante do sistema sanitario español desde a promulgación da Lei Xeral de Sanidade.
Os argumentos desta política regresiva expostos na nota de prensa do propio Ministerio de Sanidade non teñen fundamento empírico nin racional. É unha liña de comunicación constante do Partido Popular, do goberno galego e do goberno central o argumento de que non hai outra alternativa, e de que con estes recortes garántese ‘o futuro’, pero o certo é que son políticas fracasadas que se reiteran unha e outra vez obtendo os mesmos resultados tal como se pode ver en Galiza, España e outros estados como Grecia ou Portugal ou Irlanda. Si temos a garantía de ir de recorte en recorte ata o seguinte tiro dos mercados.
O novo copago farmacéutico introducido polo PP e o Goberno, facendo pagar aos pensionistas e incrementando o pago aos/ás traballadores/as activos/as, é unha decisión política especialmente regresiva para a poboación galega. O goberno da Xunta de Galicia e especialmente o seu Presidente deberían opoñerse con rotundidade.

A Plataforma galega pola defensa da sanidade pública “SOS sanidade Pública” considera que:
- O sistema sanitario público é de gran calidade, eficaz e eficiente. É perfectamente sostible e non está en situación de quebra. O gasto sanitario público español en relación co PIB está por debaixo dos estados do noso entorno, polo que dificilmente se pode responsabilizar á sanidade da débeda pública. Por outra banda o déficit do sistema débese ao baixo financiamento co que se está presupostando e a políticas de privatización como as de financiamento público-privado que supoñen un negocio privado e unha redución de orzamento público sanitario dispoñible.
- O novo copago a pensionistas xunto co incremento do pago aos traballadores activos é un imposto á enfermidade e unha ameaza para accesibilidade aos servizos que pode producir empeoramento da saúde a persoas de renda baixa. O copago a pensionistas é unha rebaixa das pensións xa que este grupo de poboación é o máximo receptor de medicamentos e a pensión media galega é a máis baixa de todo o estado español. Váiselle cobrar un mínimo de 8 euros cada mes en Galiza (últimos datos do Ministerio, a 1 de febreiro de 2009) a 686.705 persoas con incapacidade permanente, pensión de xubilación e de viuvez. Somos os máis prexudicados.
- As competencias en sanidade son das Comunidades Autónomas polo que supón unha invasión de competencias por parte do goberno central que o goberno galego non debería admitir.
- Falta por ver a repercusión económica real destas medidas xa que a súa implementación obriga a uns custes de organización e estruturais importantes. E descoñecemos neste momento o alcance da reforma e introdución de copago xa anunciado polas prestacións complementarias (dietoterapia, osixenoterapia, ortopróteses e transporte programado) así como polas accesorias.
- A única forma de facer realmente progresiva a achega da cidadanía ao sostemento do sistema sanitario é adaptando os ingresos por impostos ás necesidades financeiras do sistema e facendo que pague máis quen máis teña, se reduza o fraude fiscal e non se apliquen medidas de amnistía fiscal como as deste goberno. O resto é un imposto á enfermidade e un premio aos defraudadores.
Por estes motivos pedimos a D. Alberto Núñez Feijoo que actúe coa responsabilidade que se espera de quen é Presidente dos galegos e galegas e non aplique estes recortes en Galiza, facendo valer as competencias que en sanidade tén a Xunta de Galiza.
Reciba un saúdo
Santiago, a 25 de abril de 2012
Contra os recortes e a privatización da Sanidade Pública Galega. Ante a reunión do Consello Interterritorial do 18 de abril.
Martes, 17 Abril 2012 23:35
A crise, a redución do déficit e a insostibilidade do sistema sanitario público están sendo utilizados como coartada para introducir recortes e privatizacións na sanidade galega. Con todo, o noso sistema é dos máis baratos da Unión Europea (o gasto por persoa é de 2.049 dólares, fronte aos 2.870 dólares da UE en poder paritario de compra), e a nosa presión fiscal é das máis baixas (34% do PIB fronte a 44% da UE), cun nivel de fraude que alcanza o 25% do PIB (90.000 millóns de euros).
.
Doutra banda o crecemento do gasto sanitario ten pouco que ver coa demanda de asistencia da poboación que está relacionado coa organización, funcionamento e orientación do sistema; coa falta de planificación; coa descoordinación entre hospitais e atención primaria; co abuso das tecnoloxías diagnósticas e terapéuticas (un 23% máis alto que a media europea) e da prescrición farmacolóxica; coa parasitación do sector público polo privado; e co abandono da atención primaria, da promoción da saúde e da prevención da enfermidade.
.
Despois de que a Xunta de Galicia reducira o orzamentario en 300 millóns o Goberno central pretende que fagamos máis recortes para cumprir co seu obxectivo de reducir o gasto sanitario en 7.000 millóns de euros, a concretar no Consello Interterritorial do próximo día 18 de abril cos conselleiros dos servizos de saúde autonómicos.
.
Entre as medidas que se están aplicando ou adiantado, a modo de globos sondas, polos responsables de algunhas CCAA e polos ministros de economía e sanidade están:
.
- Incrementar o copago farmacéutico segundo nivel de renda.
- Acabar coa gratuidade das receitas dos pensionistas.
- Copago por consultas e probas diagnósticas.
- Recorte da carteira servizos ofertados pola sanidade pública.
- Promoción de seguros complementarios con desgravacións fiscais.
- Colaboración Público Privada para construír e xestionar as novas infraestruturas.
- Privatización de servizos sanitarios (radioloxía, laboratorios; servizos clínicos..) e non sanitarios (administración, centrais de chamadas, alimentación, limpeza, hixiene, informáticas, avaliación tecnolóxica, planificación, centrais de compras, etc.)
- Eliminar fondos de cohesión interterritorial.
- Peche de servizos sanitarios: Hospitais e plantas, urxencias, centros de de Saúde e consultorios.
- Eliminar a actividade asistencial dos hospitais pola tarde.
- Redución de persoal e de gastos de persoal: Xubilacións obrigatorias aos 65 anos sen reposición das vacantes, despedimento ou redución do horario do persoal interino, precarización de contratos, redución salarial, laboralización, etc.
.
A gran maioría destas medidas atentan contra os alicerces fundamentais do noso sistema sanitario como son a universalidade, a accesibilidade, a equidade, o carácter redistributivo, a calidade e a eficiencia, e terán graves consecuencias para a maioría da poboación que recibirá unha atención de menor calidade, e terá dificultado o seu acceso á asistencia que será diferente segundo o seu nivel de renda, pagará máis por menos e deberá procurarse seguros complementarios para ser atendido polos problemas de saúde excluídos do sistema público.
.
Fronte á política de recortes e privatizacións é posible outra, baseada na mellora da eficiencia e o uso racional dos recursos, para mellorar a calidade e seguridade da atención sanitaria e os niveis de saúde da cidadanía:
.
|
Concepto |
Recadación copago |
Aforro racionalidade |
|
Reducir 50% os medicamentos innecesarios >65 anos |
70 millóns € |
83 millóns € |
|
Reducir 50% ingresos por reaccións adversas aos fármacos |
23 millóns € |
66 millóns € |
|
Reducir 30% os efectos adversos durante a hospitalización |
0 millóns € |
27 millóns € |
|
Reducir en 1/3 as estancias inadecuadas |
0 millóns € |
263 millóns € |
|
Reducir 10% frecuentación a urxencias hospitalarias non ingresadas |
9,4 millóns € |
23 millóns € |
|
Traspasar o 25% das consultas hospitalarias a AP |
44 millóns € |
60 millóns € |
|
Reducir en 1/3 as RM e TC innecesarios |
4,5 millóns € |
14,8 millóns € |
|
Integración do mutualismo administrativo no SNS |
4,5 millóns € |
12,5 millóns € |
|
Total |
155 millóns € |
549,3 millóns € |
.
Queremos advertir ao presidente da Xunta de Galicia Sr Núñez Feijoo que non imos tolerar que o Consello Interterritorial adopte decisións ou medidas que deterioren ou privaticen o noso sistema sanitario que ten o apoio da grande maioría da poboación e esiximos á Conselleira de Sanidade Rocío Mosquera que defenda o carácter público da nosa sanidade, que se opoña a calquera medida de copago, e que se manteñan os fondos de cohesión interterritorial que compensan a nosa menor capacidade de recadar os impostos que financian a sanidade pública galega
.
Desde SOS Sanidade Pública facemos un chamamento á cidadanía galega para dar unha resposta contundente no caso de que o Consello Interterritorial do día 18 de abril adopte calquera medida que deteriore, aínda máis, o Sistema Sanitario Público Galego.
.
SOS Sanidade Pública
Santiago, 17 de abril de 2012
SOS-Sanidade Publica adhírese á FOLGA XERAL polos EFECTOS NEGATIVOS DA REFORMA LABORAL SOBRE A SAÚDE
Luns, 26 Marzo 2012 14:39
A reforma laboral aprobada polo Goberno terá efectos moi significativos para a Saúde dos traballadores. A reforma modifíca o artigo 52.b do Estatuto dos Traballadores de maneira que permite o despedimento daqueles/as traballadores/as que teñan ausencias entre o 20 ao 25% da xornada laboral, incluíndo nas mesmas ás baixas por enfermidade común de duración inferior aos 20 días, sen ter en conta a taxa de absentismo da empresa (tal e como sucedía ata agora en que se necesitaba que esta fose superior ao 2,5%).
Que significa esta modificación?.
Que un/ha traballador/a cunha xornada de 40 horas semanais pode ser despedido/a se está 8 días de baixa en 2 meses.
Que efectos ten sobre a saúde esta situación?
- Haberá unha diminución do número de baixas por enfermidade, sobre todo por procesos agudos, en que os propios traballadores serán os que non queiran unha baixa a pesar de estar enfermos, fenómeno este que xa se detectou nos últimos anos, debido ao aumento do paro.
- Como as enfermidades non diminuirán, e máis que probable que as persoas que estean enfermas continúen traballando cos efectos que iso leva asociados: Diminución da capacidade de traballo, problemas na baixa do rendemento e/ou na calidade da produción.
- Un aumento da accidentabilidade porque traballadores coas súas capacidades físicas diminuídas teñen unha maior propensión a padecer accidentes laborais.
- A presenza de traballadores con enfermidades infecto-contaxiosas nas empresas será un risco para a propagación das mesmas na contorna laboral, e nos casos en que os traballadores teñen atención directa aos cidadáns converteranse nun foco de diseminación e contaxio da enfermidade.
Deixando de lado o que significa de perdida de dereitos dos traballadores, esta reforma implica tamén un risco para a saúde dos mesmos directamente e para o conxunto da poboación dun xeito indirecto, xa que vulnera algunhas das leis sobre saúde pública (Lei Xeral de Sanidade, Lei Xeral de Saúde Pública) e o artigo 43 da Constitución que garante o dereito á protección da saúde.
Manuel Martin Garcia
Portavoz SOS Sanidade Pública
Ante o copago
Domingo, 18 Marzo 2012 00:23
A Plataforma SOS-Sanidade Pública ante a aprobación do COPAGO en Cataluña e o anuncio de Núñez Feijoo de que pretende introducir o copago nos medicamentos queremos denunciar:
.
- Que a Consellería e o PP pretenden incumprir as súa promesa electoral de que non ían introducir o copago en sanidade.
- De que isto suporá socavar un dos alicerces da nosa sanidade pública redistributiva e accesible, ao introducir un novo imposto que grava a enfermidade, mentres se tolera unha fraude fiscal que alcanza o 25% do PIB e redúcense impostos aos máis ricos (sociedades, transmisións, etc).
- O copago afectará aos sectores con mais necesidade de atención como son os maiores de 65 anos que necesitan tres veces máis asistencia e medicamentos e que perciben unhas pensións medias ao redor dos 600 euros mensuais en Galicia. Só o 2% dos pensionistas gaña máis de 2000 euros ao mes.
- Que tamén afectará á atención de amplas capas sociais coma os parados, que supoñen xa o 25% da poboación, ou o 60% de asalariados que perciben menos de 1000 euros mensuais.
- A capacidade recaudatoria desta medida será ridícula e os gastos administrativos compensarana con fartura, pero o que realmente se pretende é introducir os mecanismos de mercado na sanidade como paso previo á súa privatización.
.
Desde SOS Sanidade Pública oporémonos con todos os instrumentos democráticos á introdución desta medida en Galiza.
Entrevista a Manolo Martin en Praza
Martes, 13 Marzo 2012 14:53
Entrevista hoxe a Manuel Martin, Portavoz da Plataforma SOS-Sanidade Pública, no diario Praza. Pódese ver premendo aqui.SOS-Sanidade Pública denuncia no Día Internacional da SIDA
Xoves, 01 Decembro 2011 00:00
No Día Internacional do SIDA a Plataforma SOS Sanidade Pública quere denunciar que:
1. Este grave problema de saúde aínda non foi erradicado e segue afectando a miles de persoas na Galicia
2. Tanto os Servizos de Saúde como a cidadanía non deberían baixar a garda dado que a SIDA parece incrementarse nalgúns colectivos , especialmente en xente nova, o que indica a existencia de problemas ou deficiencias nos sistemas de información e prevención
3. Consideramos intolerable que a pesar desta situación, a Xunta de Galicia, aplicando a súa política de redución de gasto sanitario, recorte os orzamentos destinados a previr ou controlar este grave problema así como as axudas ás organizacións que colaboran. Reducíronse as axudas á prevención da SIDA en Concellos como os de Catoria, Santiago, Vilagarcia, Monforte, ou a organizacións de apoio aos afectados como os Comités Antisida que tiveron que pechar algúns servizos.
4. Estes recortes orzamentarios intentáronse disimular incluíndoos nos destinados a drogodependencia co que ao recorte engádese a estigmatización dos afectados
Copago sanitario: Feijoo abre a porta de par en par
Luns, 14 Novembro 2011 10:02
O Presidente da Xunta de galicia, para facer fronte á onda de indignación e protestas desatadas tras o anuncio de querer facer pagar aos cidadáns galegos polo uso irresponsable da asistencia sanitaria (medida destinada a coar pola porta de atrás o copago), volve pór en circulación novos enganos.
Núñez Feijoo pretende facer crer que esta medida está destinada a loitar contra a fraude na sanidade pública como o chamado turismo sanitario (unicamente o 2% dos estranxeiros que usan os servizos sanitarios o fan), o uso fraudulento das tarxetas de pensionistas, os abusos nos concertos con centros privados ou a actuación das aseguradoras nos accidentes de tráfico.
É ridículo pretender pór no mesmo nivel a fraude cidadá co espolio que practican as empresas e multinacionais do sector sanitario privado co diñeiro público. Isto vén mostrar, unha vez máis, a falta de escrúpulos do goberno galego á hora de disfrazar as súas políticas de recortes e privatizacións dos recursos públicos.
A Plataforma SOS-Sanidade Pública, criticada polo Sr Presidente quere recordar que el leva dous anos privatizando a sanidade galega e nós máis de 25 anos loitando pola súa mellora traballando duramente para concienciar e mobilizar ao pobo galego para que a coide e protexa.
O problema de Feijoo non é a plataforma SOS Sanidade Publica senón que a cidadanía galega é a máis concienciada en todo o país, e a que mais se move na súa defensa e mellora e contra os recortes das políticas privatizadoras que pretenden converter a sanidade nun mercado e á súa xestión nun negocio.
O que teme realmente o presidente galego é que a sublevación cívica de Galicia, en contra da súa estratexia de recortes e privatizacións sanitarias, sexa coñecida fóra da nosa Comunidade Autónoma e confirme as sospeitas da opinión pública de que o seu partido oculta o propósito de privatizar a sanidade pública onde goberne.
SOS-Sanidade Pública en apoio do compañeiro Xabier Aboi
Sábado, 12 Novembro 2011 11:57
A Plataforma SOS Sanidade Publica quere mostrar o seu máis firme rexeitamento á denuncia interposta pola Consellería de Sanidade diante da Fiscalía contra Xabier Aboi membro da Plataforma Para a Defensa da Sanidade Pública de Marín por denunciar publicamente que os recortes no servizo de ambulancias de Marín incrementaran os tempos de resposta por enriba do que recomendan os expertos e que como consecuencia desta situación producíronse tres incidentes con resultado de morte por cardiopatía que non foron ben atendidos.
En segundo lugar queremos mostrar o noso apoio a un compañeiro que exerceu o seu dereito de expresión e de protesta utilizando unha información que se pode consultar no Parlamento despois de que a Consellería entregase os documentos a petición da oposición.
O fondo do problema está no rexeitamento da poboación de Marín ao peche do servizo de ambulancias pola noite, medida de recorte de recursos que esta repercutindo negativamente na calidade da atención sanitaria á cidadanía.
A Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de Marín convocou xa dúas manifestacións de protesta que congregaron a miles de veciñas e veciños e leva recollidas máis de 14.000 sinaturas contra esta medida.
SOS-Sanidade Pública e Médicos do Mundo denunciamos que a Xunta rompe os principios de Universalidade e Equidade na Sanidade Pública, deixando ás persoas con menos recursos sen dereito á asistencia sanitaria.
Sábado, 12 Novembro 2011 11:55
A Orde de 5 de setembro de 2011, actualiza o procedemento para o recoñecemento do dereito á asistencia sanitaria por parte das persoas sen recursos económicos suficientes (PSR), das persoas que se atopan en situación de desemprego (Código 29), e das persoas estranxeiras.
No protocolo de aplicación da orde se deixa as persoas sen recursos que solicitan a tarxeta sanitaria sen dereito a ter médico asignado, a poder ser citados e a ter prestación farmacéutica. Só se lles recoñece dereito á asistencia de urxencia e emerxencia (agás no caso dos menores e das mulleres embarazadas, que manteñen estes dereitos). Ademais disto, no protocolo se indica que as persoas sen recursos que solicitan a tarxeta sanitaria serán clasificados como PRIVADOS e se lle fará asinar un compromiso de pago da asistencia realizada.
O mesmo protocolo establece trabas no acceso á tarxeta Sanitaria para os estranxeiros. A partir do próximo 1 de xaneiro, o Sergas esixirá unha antigüidade mínima no padrón de 183 días para poder solicitar a Tarxeta Sanitaria, indispensable para garantir a Asistencia Sanitaria. Esta condición previa para acceder á Tarxeta Sanitaria vai limitar o seu acceso á atención primaria nos centros de saúde. A Lei Orgánica sobre Dereitos e Liberdades dos Estranxeiros en España e a súa Integración Social (decembro 2009) establece no seu artigo 12:
"Os estranxeiros que se atopen en España, inscritos no padrón do municipio no que teñan o seu domicilio habitual, teñen dereito á asistencia sanitaria nas mesmas condiciones que os españois"
sen incluír período mínimo de empadroamento como agora fai o Servizo Galego de Saúde.
A Xunta de Galicia vulnera o principio de UNIVERSALIDADE recoñecido na Lei 8/2008 de Saúde de Galiza:
Artigo 4º.-Titulares do dereito á protección da saúde e á atención sanitaria.
1. O dereito á protección da saúde e á atención sanitaria con cargo a fondos públicos no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e de cobertura universal garánteselles a todas as persoas que residan nos concellos desta comunidade autónoma.
E tamén o da EQUIDADE en saúde, definida pola OMS, que implica a igualdade de oportunidades e a diminución de diferenzas en saúde ao nivel máis baixo posible, mediante a igualdade de acceso, a igualdade de utilización por un mesmo problema e a igualdade na calidade da atención.
Médicos do Mundo e SOS Sanidade Pública consideran que estas medidas son un paso máis na precarización da sanidade pública e na perda dun dereito humano fundamental que é o dereito á protección da saúde, implementando unha política de desigualdade, o que nos obriga a facer un novo chamamento ao conxunto da cidadanía, que antes ou despois se verá afectada, a que tome tódalas medidas necesarias para defendela. So se a maioría social se mobiliza e mostra o seu rexeitamento a estas políticas poderemos paralas e así defender á Sanidade Pública.
Éxito nas mobilizacións en defensa da Sanidade Pública
Venres, 28 Outubro 2011 09:24
A Plataforma SOS Sanidade Pública valora as miles de persoas que se mobilizaron nas diferentes áreas sanitarias de Galicia como un formidable respaldo ao sistema sanitario público e un rexeitamento ás políticas de recorte e privatización que está desenvolvendo a Xunta e a Consellería de Sanidade.
Esta nova mostra de vontade cidadá demostra que a maioría dos galegos, por encima das súas lexítimas posicións políticas, aposta por manter o carácter público do sistema sanitario que garante o acceso equitativo e universal aos servizos de saúde , e non está disposta a tolerar que co pretexto da crise sanitaria recórteselles ou privatice un dos seus dereitos fundamentais.
Os cidadáns das diferentes áreas sanitarias mobilizáronse en contra dos recortes do orzamento de sanidade; da privatización dos novos centros hospitalarios e de saúde e dos plans directorios dos xa existentes; da paralización do Plan de Mellora da Atención Primaria; do peche dos centros públicos pola tarde e o desvío de pacientes a centros privados; do incremento e maquillaxe das listas de espera; da supresión dos radiólogos nas urxencias dos hospitais comarcais; do desmantelamento das áreas sanitarias; do peche de servizos de laboratorio; da supresión de ambulancias; da privatización dos servizos de diálise; da privatización da Informática, Central de Compras e de Chamadas ; do despedimento e deterioración das condicións laborais de profesionais e traballadores sanitarios;?en definitiva da política privatizadora dunha administración que non cre na sanidade pública e que aposta polo mercado e a competencia, á que estorba en actual Sistema Público Universal baseado na solidariedade social.
Esta enorme mobilización mostra que a cidadanía non se cre as mentiras dunha Consellería que basea a súa estratexia na mentira e a desinformación por temor á reacción cidadá.
Desde SOS Sanidade Pública consideramos que a esixencia de dimisión da Conselleira Farjas é un clamor social que debería ser escoitado por Núñez Feijoo e facerlle cambiar a súa política sanitaria.
DOSSIER DE PRENSA:
Mañá, mobilizacións pola Sanidade Pública
Mércores, 26 Outubro 2011 17:58
Mañá xoves, dia 27 de outubro SOS Sanidade pública convoca manifestacións en diferentes áreas sanitarias de Galicia en defensa da sanidade pública e contra os recortes da Consellería de sanidade.
- Concentración en Santiago ás 20.00 na Praza do Toural..
- En Vigo manifestación ás 20.00 dende Hospital Xeral.
- No Morrazo sur acudiremos á manifestación de Vigo e no Morrazo norte á de Pontevedra
- Na Mariña a concentración será diante do hospital en Burela
- Concentración comarcal en Ferrol, na Praza de Armas ás 20 horas do xoves 27 de outubro
- En Pontevedra manifestación ás 20:30 horas con saida dende a Praza da Ferreria
- Lugo concentraciónás 8 da tarde diante do Edificio Multiusos da Xunta
- A Plataforma da Barbanza convoca unha concentración ás 20.00 horas na praza do concello de Ribeira.
- Monforte Charla Informativa de médicos do Hospital no Pavillon Multiusos ás 20,15 horas
POR QUE A PLATAFORMA SOS SANIDADE PÚBLICA E AS PLATAFORMAS E ORGANIZACIÓNS QUE A INTEGRAN CHAMAN A MOVILIZACION CIUDADNA E PROFESIONAL EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA MAÑÁ DIA 27 EN TODA GALICIA
Mobilizámonos en contra dunha sanidade pública cun financiamento cada vez máis mísero e que vai camiño da indixencia, como paso previo á súa privatización
A nosa Sanidade Pública cuxo modelo organizativo e funcional proporciona unha das asistencias de maior calidade do mundo está sostida grazas ao esforzo duns profesionais cada vez máis recortados e mal pagados
A Xunta de Galicia presentou uns orzamentos con importantes recortes en partidas esenciais para o sostemento das prestacións sanitarias
|
Orzamento Consellería de Sanidade 2012 en millons de euros |
||||
|
año 2009 |
año 2010 |
año 2011 |
año 2012 |
|
|
Personal |
1.556 |
1.614 |
1.560 |
1.559 |
|
Gasto Corriente |
884 |
861 |
829 |
859 |
|
Trasferencias |
985 |
991 |
933 |
895 |
|
Inversiones |
150 |
124 |
64 |
58 |
|
TOTAL Consellería |
3.656 |
3.633 |
3.547 |
3.531 |
Con todo crece o gasto en concertos sanitarios co sector privado que pasa de 204 a 207 millóns de euros.
Os capítulos de gasto que máis descenden son os de persoal (que se mantén nas cifras de fai catro anos o que supón unha brutal perda de capacidade adquisitiva dos sanitarios e a paralización de creación de novas prazas) e de investimentos (reduciuse en 6 millóns de euros respecto ao 2011 e a 92 respecto ao 2009) cos que se financian novos centros e equipamento sanitario.
A redución de investimentos que supón a paralización un ano máis (van tres) da construción do Novo Hospital de Vigo (que reducirá as súas camas de 1.490 a 900) , o Hospital Único de Pontevedra ampliando Montecelo, e os plans Directorios de mellora e ampliación dos de Ourense, Santiago e A Coruña e as obras de mellora noutros 9. Paralizáronse os plans para construír 66 novos Centros de Saúde e as obras para mellorar e ampliar outros 22.
Con todo é a Atención Primaria a que máis recortes sofre, a pesar dos seus problemas de masificación (o 40% das cotas teñen máis de 1.500 cartillas por médico ou enfermeira) , escaso tempo e de capacidade resolutiva.
Este ano o orzamento de AP descendeu un ano máis nun 1,6%, o que supón un descenso acumulado do 13,6% nos últimos tres anos.
|
|
dif. 2009-2010 |
dif. 2010-2011 |
dif.2011-2012 |
|
Atención especializada |
0,90% |
-2,90% |
1,10% |
|
Atención Primaria |
-4,20% |
-7,80% |
-1,60% |
|
año 2009 |
año 2012 |
|
|
% orzamento AE sobre total |
57,70% |
59,24% |
|
% orzamento AP (sen farmacia) |
12,36% |
10,02% |
A participación da Atención Primaria no orzamento sanitario baixou dun raquítico 12,36 % (debería ser polo menos o 25%) a un mísero 10,02%
|
Diferencia % gasto AE- AP ano 2009 |
31,96% |
|
Diferencia % AE- AP ano 2012 |
40,29% |
O diferencial de gasto entre a Atención Especializada e a Primaria ampliouse en 10 puntos en tan só 4 anos
Como consecuencia deixáronse de crear máis de 915 prazas nos centros de saúde dos que 193 eran de medicos de familia e 385 de enfermería (recursos previstos no Plan de Mellora de Atención Primaria que o Goberno de Núñez Feijoo non cumpriu a pesar de estar acordado e negociado con todas as organizacións de AP)
Prazas orzamentadas pendentes de creación (no Plan de Mellora de AP) e que se anularon
|
2009 |
2010 |
2011 |
Total |
|
|
Médicos de familia |
94 |
74 |
25 |
193 |
|
Enfermeria |
198 |
140 |
47 |
385 |
|
PSX |
39 |
0 |
0 |
39 |
|
Pediatras |
20 |
15 |
5 |
40 |
|
Matronas |
10 |
10 |
3 |
23 |
|
Fisiotarapeutas |
38 |
31 |
10 |
79 |
|
Odontologos |
11 |
5 |
2 |
18 |
|
Hixienistas |
21 |
17 |
5 |
43 |
|
Trab. sociales |
23 |
20 |
7 |
50 |
|
Auxiliares clínica |
31 |
23 |
8 |
62 |
|
Total |
485 |
364 |
66 |
915 |
Evidentemente o futuro da Atención Primaria como eixo do sistema está en cuestión con estas brutais reducións nos seus recursos
Os orzamentos de investigación (dos máis baixos da UE e do Estado, fundamental para garantir a calidade do sistema a medio e longo prazo), descenderon nun 19%
|
2011 |
2012 |
Reducción |
|
|
Investigación |
2,1 |
1,7 |
-19% |
|
% gasto |
0,06% |
0,05% |
É preciso reaccionar e mobilizarse para facer entender á Xunta de Galicia que cidadáns e profesionais non imos tolerar que se nos deteriore a Sanidade Pública e menos nunha crise estrutural que vai para anos, que é cando máis falta fai.
Mobilizacións en Defensa da Sanidade Pública
Mércores, 12 Outubro 2011 09:27

O próximo día 27 de outubro a Plataforma SOS Sanidade Pública, que agrupa a todas as Plataformas en Defensa da Sanidade Pública de Galicia, convoca mobilizacións en todas as Áreas Sanitarias da Comunidade Autónoma con dous puntos fundamentais:
- A defensa dos Servizos Sanitarios Públicos
- Frear os recortes dos mesmos que están sendo levado a cabo pola Consellería de Sanidade e a Xunta de Galicia
SOS Sanidade Pública considera que o sistema sanitario público galego está en risco real de deterioración e privatización pola política sanitaria da Xunta de Galicia destinada a cambiar o actual modelo sanitario baseado na universalidade das prestacións, o acceso en condicións de igualdade, a gratuidade as consultas e a calidade das prestacións, levadas a cabo con recursos públicos.
A crise económica está sendo utilizada pola Xunta para introducir importantes recortes económicos no orzamento sanitarios (máis de 200 millóns de euros) e nos servizos sanitarios públicos como son a paralización da actividade dos hospitais pola tarde, a desviación de pacientes a centros privados, o abandono do Plan de Mellora da Atención Primaria, o desmantelamento das Áreas sanitarias, o peche de servizos anatomía patolóxica e laboratorio, a eliminación dos radiólogos nos servizos de urxencias dos hospitais comarcais, a privatización dos centros sanitarios ao apostar polo financiamento privado da construción de novos hospitais e centros de saúde e dos plans directorios de mellora e ampliación dos antigos, a cesión a empresas privadas dos servizos de diálises, equipamento tecnolóxico dos centros , centrais de chamadas ou as redes informáticas.
A sanidade pública galega achégase perigosamente ao punto de non retorno que só unha gran mobilización de toda a sociedade pode frear.
Pretendemos facer chegar á Xunta de Núñez Feijoo o clamor dos cidadáns e profesionais , por encima das lexítimas posicións ideolóxicas, en apoio dun sistema sanitario de calidade, eficiente e accesible como o que gozamos e que é absolutamente sostible.
As mobilizacións que levarán a cabo a partir das 8 da tarde terán diferentes formatos en función das características de cada área sanitaria. Poderedes consultar as mobilizacións da vosa área nesta mesma páxina web a medida que vaian sendo informadas.
Privatizacións Ourense
Venres, 12 Agosto 2011 14:13
Ante o anuncio da Consellería de Sanidade de que as obras do Plan Directorio do Complexo Hospitalario de Ourense van a realizarse recorrendo ao financiamento privado a Plataforma SOS-Sanidade Pública quere comunicar que isto suporá
1.- A privatización parcial do Complexo Hospitalario de Ourense xa que durante un período de 20 anos a xestión do hospital quedase en mans das empresas concesionarias
2.-Crear un importante problema na xestión do centro xa que haberá dúas xerencias (a sanitaria e a empresarial) con lóxicas e intereses distintos que orixinasen enfrontamentos como os que se observaron no Reino Unido e Madrid onde estas fórmulas PFI foron postas en práctica
3.- Multiplicar por sete o custo das obras (como ocorreu co financiamento privado do Novo Hospital de Vigo) cando se están introducindo importantes de recortes nos orzamentos sanitarios, o que porá en perigo o sostemento da sanidade pública galega
Consideramos que esta política tan irracional e prexudicial para o sistema sanitario público galego responde ao intento de ocultar o endebedamento público recorrendo a con mañas legais xa que a hipoteca asociada ao financiamento por PFI non computa como endebedamento público aínda que se paga a cargo do orzamento sanitario, a privatizar o sistema sanitario e apoiar a grupos de presión financeira e empresarial afíns.
Rolda de prensa SOS-Sanidade Pública sobre o informe do Consello de Contas sobre a peaxe en sombra
Luns, 08 Agosto 2011 10:28
Noticias prensa:http://www.xornal.com/artigo/2011/08/03/sociedad/alertan-hospital-vigo-costara-800-millones/2011080323363202806.html
http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/financiamento-publico/idEdicion-2011-08-04/idNoticia-691286/
Publicados os decretos de Xestión Integrada de Pontevedra e Ourense
Luns, 08 Agosto 2011 10:27
Publicados no DOG do pasado venres os Decretos de Xestión Integrada de Pontevedra (incluindo O Salnés) e Ourense (incluindo O Barco).
- DECRETO 162/2011, do 28 de xullo, polo que se regula a estrutura organizativa de xestión integrada de Pontevedra e O Salnés. Descargar PDF
- DECRETO 163/2011, do 28 de xullo, polo que se regula a estrutura organizativa de xestión integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras. Descargar PDF
O SISTEMA SANITARIO PÚBLICO É SOSTIBLE E NON ESTÁ EN PERIGO
Mércores, 27 Xullo 2011 09:59
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública
Fronte a ofensiva mediática promovida dende diferentes foros e grupos de presión política, académica e profesional, que promoven a privatización do Sistema Sanitario, a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública quere comunicar a opinión pública as seguintes consideracións:
Unha parte importante do gasto sanitario e innesario e corrixible e esta relacionado co deficencias organizativas e funcionais do sistema sanitario como son a:
- Sobreutilización da tecnoloxía (só un 30 % está xustificada), pola presión da tecnoestructura económica e sanitaria e pola fascinación que exerce nos médicos, incrementa os custos (30 % do gasto sanitario total español)
- Persecución inmisericorde do diagnóstico, ata sen ter en conta as necesidades dos pacientes, incrementa os custos
- Variabilidade inxustificada da práctica clínica incrementa os custos e os riscos para o paciente
- Fragmentación dos centros compra qure rompe as economías de escala incrementando os custos
- Descoordinación entre atención primaria, hospitalaria e atención socio-sanitaria incrementa os custos
- Medicina defensiva que encarece o gasto sanitario ata un 15-20 %, como pasa en USA
- Politización da xestión produce desconfianza, desmotivación e falta de colaboración dos profesionais no cumprimento dos obxectivos asistenciais e financeiros do SNS
- A baixa financiación da atención primaria que reduce a súa capacidade de intervención e dificulta o seu labor resolutiva e de filtro
Os s cidadáns fan un uso razoable dos servizos de saúde:
Non é realista a cifra de 9 visitas/ paciente/ ano ao médico de cabeceira. O dato máis fiable é de 6 visitas/acode/ano, segundo unha enquisa realizada a 4.250 pacientes en 18 provincias e en 170 centros de saúde en setembro de 2010 (5,6 visitas/paciente/ano segundo a avaliación da estratexia AP21). Por outro lado os cidadáns están satisfeitos coa atención primaria como mostran as enquisas donnde obtén unha satisfacción de 8 sobre 10 (8,4 na estratexia AP21).
Gran parte do consumo de servizos de saúde (o 70 %) é decidido polos médicos e polo propio sistema (consultas, burocracia, etc)
O envellecemento poboacional non é o principal problema:
Nos peores escenarios, o envellecemento faria crecer o gasto sanitario total entre un 5-20 % (en torno ao 9 % en 2016 ) e o farmacéutico un 15 %
A Situación en Galicia e preocupante pola estratexia da actual Xunta de Galicia de recortar gasto sanitario o mesmo tempo de incrementa o endebedamento oculto a pagar ao sector privado: Este año recortouse en 200 millóns o orzamento sanitarios (4,6% menos que o 2010) e o mesmo tempo pretendese financiar os novos hospitais e centros de saude recorrendo o sector privado (Financiaón Público Privada ou PFI), que multiplicará por 6 ou 9 veces o coste final dos mesmos. Asi a licitación do Novo Hospital de Vigo supora que una obra que costaba 457 millóns de euros por financiación pública pasará a máis de 1.800 millón a pagar en 20 anos a consoricos privados (e que non figuraría como endebedamento sinon como gasto corriente) . De aplicar esta formula ao conxunto de obras necesarias o gasto disponible para o funcionamento dos centros publicos quedaría en torno o 5% do gasto sanitario
Os copagos non son a solución:
- Soamente disuaden a utilización de servizos aos mais por pobres e anciáns de baixos ingresos (en España hai mías de 4 millóns de parados, o 57% dos asalariados ganan menos de 1.000 euros e a pensión media e de 750 euros)
- Son pouco eficaces na contención do gasto e no caso de facelo afecta a necesaria ademais da inxustificada
- Os custos de xestión do copago fan que este non aporte o final recursos adicionais ao sistema sanitario
- Copagos moderados de 10 euros por consulta ou de 15 por urxencia recadarían soamente un 0,85 % do gasto sanitario actual
- Hai evidencia de que os países que introducen o copago incrementan o seu gasto sanitario. Por exemplo en Portugal ao introducir o copago, o gasto sanitario creceu un 4,7 % sobre o PIB, fronte ao 2,5 % en España
- Os copagos producen custos indirectos, como incremento de ingresos hospitalarios, con aumento final de custos en 240 $/acode/ano (USA)
Tampouco é solución incrementar o aseguramiento privado:
- Redúcese a recadación para o sistema sanitario público
- Increméntanse os custos administrativos
- Aumenta a poboación sen ningún tipo de cobertura, porque o cidadán non pode manter crecementos das curmás dun 5 % interanual de media
- A concentración de seguros elimina a competencia e a libre elección do usuario
Hai marxe para mellorar a eficiencia do SNS:
- Asegurando orzamentos suficientes, incrementando a recadación fiscal, recuperando impostos e procurando un financiamento realmente destinado a sanidade (finalista)
- Incrementando o uso de medicamentos xenéricos, podería reducirse o crecemento do gasto farmacéutico hospitalario (crece un 15 % cada ano)
- Regulando as manobras de mercadotecnia dos laboratorios farmacéutico dirixidas aos médicos e asociacións de enfermos, podería reducirse ese 50% de medicamentos que se prescriben, dispensan ou venden de forma inapropiada, e/ou que a metade dos pacientes toman incorrectamente
- Adecuando a utilización tecnolóxica (modelo NICE,?), poñendo en marcha unha axencia central única e pública para comprar os recursos do sistema
- Paralizando as privatizacións, externalizaciones, desregulacións, fragmentacións de centros e servizos, etc.?
- Potenciando a Atención Primaria: Existe evidencia de que unha AP forte consegue mellores niveis de saúde da poboación, con boa satisfacción cidadá e a uns custos soportables
- Fomentando a participación e implicación profesional e cidadá
- Mellorando a coordinación entre atención primaria, hospitalaria, os servizos sociais e sociosanitarios, para atender no nivel mais is apropiado os problemas e demandas de atención de saúde
O noso Sistema Sanitario Público non está en perigo:
En España, en canto a resultados en saúde, nos últimos trinta anos a esperanza de vida a pasado de 75,6 anos a 81,1 e a mortalidade por todas as causas de 819,50/100.000 habitantes a 568,5.
Ademais, o noso sistema sanitario é barato e eficiente e non está en perigo, nin pola parte do gasto, que é un 15% inferior e creceu un 34% menos que a media dos países da OCDE; nin pola dos ingresos fiscais, que teñen marxe para crecer, porque son un 22% inferiores e descenderon un 56% máis que a media de países da OCDE.
Se privatizamos, o sistema será máis custoso e insostible: deixará fóra da asistencia a millóns de cidadanas que son os que máis o necesitan
Manuel Martin Garcia
Portavoz AGDSP
Comunicado AGDSP
Luns, 11 Xullo 2011 08:51
Ante ás noticias de prensa aparecidas nos medios de comunicación sobre o plan de infraestruturas Sanitarias para a Área do Morrazo, chámese C.S. de Hio en Cangas y de Moaña, así como o Centro de Alta Resolución do Morrazo.
A AGDSP quere denunciar o freo que dende a Xunta do Sr. Nuñez Feijoo estase a realizar sobre ditas Infraestruturas, necesarias para dar cobertura á cidadanía do Morrazo correspondente a área sanitaria de Vigo coa paralización e falla de dotación económica ós mesmos dende o ano 2009 no que se fixo cargos do Goberno.
Ó Sr, Xosé Enrique Sotelo, actual alcalde de Cangas, así como á cidadanía, informarlles que non é o mesmo un Centro de Alta Resolución cun Hospital de día (aínda que poida enganar á cidadanía có do Hospital). O CAR é un dispositivo sanitario tanto de diagnostico como terapéuticos que achega os recursos á poboación, que resolven os procesos, segundo a carteira de servizos, en consulta única dando continuidade asistencial o cidadán sen derivación. A asistencia realizaríase co desprazamento dos facultativos do Complexo Hospitalario de referencia.
Isto nada ten que ver cun Hospital de día, que é un área dun centro na que se ubican unhas cadeiras para realizar tratamentos médicos endovenosos.
O Centro de Alta Resolución, debe contar como mínimo coas especialidades de, Oftalmoloxía, Xinecoloxía e Obstetricia, Traumatoloxía, Dermatoloxía, Otorrinolaringoloxía, Cirurxía Xeral e Dixestiva, Uroloxía, Cardioloxía, Endocrinoloxía, Rehabilitación e Fisioterapia, Psiquiatría, Reumatoloxía, Neumoloxía, Radiodiagnóstico e Laboratorio, nela pode estar ubicada unha Unidade de Hemodiálises.
Así mesmo queremos denunciar o retraso na construción do CAR, que vaise a producir có replanteamento e búsqueda dunha nova ubicación o mesmo, cando existe un espazo xa avalado por técnicos do SERGAS, para a construción dun centro de 3.650m2 de superficie construída, que se atopa nuha parcela próxima o núcleo de Pedreira nos lindes de Cangas e Moaña de 20.000 m2, en solo rústico sen vivendas e que comunica directamente có Corredor do Morrazo.
Eximimos sen mais dilación có SERGAS se poña en marcha, e dote o Morrazo os recursos sanitarios cá Poboación demanda, e nos mesmos termos xa determinados
NOTA DE PRENSA URXENTE DA PLATAFORMA SOS SANIDADE PÚBLICA
Xoves, 19 Maio 2011 11:54
Núñez Feijoo, presidente da Xunta de Galicia non espera ao 23 de maio para avanzar na privatización da sanidade pública galega, a pesares das súas mensaxes de non privatizala.O SERGAS a través dun prego de cláusulas ao que tivo acceso a Plataforma da Defensa da Sanidade Pública, abre a porta á contratación privada da xestión económica e á xestión dos procesos de oposicións do seu persoal.
A cambio de 557.000 euros (case 100 millóns de pesetas) , nun momento de crise, adxudica a unha empresa privada este contrato, que contempla unha actividade que pon en perigo os postos de traballo de moitos empregados públicos e entrega á mesma unha información estratéxica acerca dos seus obxectivos, dotacións económicas, dispoñibilidades orzamentarias e políticas de racionalización do gasto.
Finalmente entrega unha información tan vulnerable e unha competencia tan central para os seus obxectivos como é a xestión dos procesos de oposicións (inscrición, oposición e provisión das prazas), en definitiva toda a selección do persoal.
Para esta Plataforma este novo e suculento contrato supón na práctica a “baltarización” da política de contratación do persoal da Sanidade Pública Galega.
O prego ao que tivo acceso SOS Sanidade Pública contempla a entrega a unha empresa privada as seguintes competencias da administración pública:
1.- Xestión económica:
Sistema de tramitación orzamentaria.
Xestión de pagos en unidades administrativa (servizos centrais, direccións e delegacións provinciais).
Xestión de Subministracións e Unidades de Consumo
2.- Recursos humanos:
Aplicación para a xestión dos procesos de oposicións (inscrición, oposición e provisión)
A pesares da habitual dificultade para entender a linguaxe administrativa, o que antecede está moi claro: Trátase de liquidar unha importantísima parte da administración pública e facilitar a penetración do sector empresarial privado nunha das áreas máis sensibles da xestión administrativa do sistema sanitario público. Os cidadáns entenderán perfectamente que iso supón amputar a capacidade operativa do sistema e a súa sustentabilidade económica futura.
Ademais disto, en tempos de crise e de austeridade, incrementa en máis de medio millón de euros, nun novo exercicio de desconfianza nos seus propios empregados públicos, un gasto sen xustificación obxectiva algunha.
A carga de traballo que se subtrae ao público e que se transfire á empresa privada é o primeiro paso para poder despedir, sen provocar unha catástrofe administrativa, a un gran número de persoal altamente cualificado, seguindo as estratexias do Primeiro Ministro do Reino Unido que tanto admira o Sr Rajoy.
No que se refire á selección do persoal supón unha gravísima entrega de información confidencial dos miles de aspirantes ao emprego público do SERGAS de todas as Categorías, e a vulneración dos criterios de igualdade, mérito e capacidade que a Constitución e as Leis Galegas protexen.
* Documento coas cláusulas do concurso para privatizar.
* Documento publicado no BOE coa oferta do concurso.
O LADO ESCURO DO PROXECTO DE HOSPITAL EN MONTE CARRASCO
Luns, 16 Maio 2011 10:26
Informe da Asociación Galega en Defensa da Sanidade Pública (AGDSP)
Durante o anterior goberno do PP, sendo Conselleiro de Sanidade José Manuel González, levan a cabo gran parte das obra de modernización do hospital de Montecelo, cun investimento total de 57 millóns de euros. Daquela, semellaba claro que o goberno galego tomara a decisión estratéxica de converter a Montecelo no hospital de referencia da área sanitaria Norte.
Posteriormente, durante o goberno bipartito, logo dun tempo, as administracións acordan a ampliación e dotación do H. Montecelo co obxectivo de que a área sanitaria Norte dispoña dun hospital Único e público con máis de 700 camas. Realízanse as expropiacións e proxéctanse, e en parte levan a cabo, as infraestruturas e os servizos necesarios. O hospital dispón ademais dunha previsión de terreo de 300000 m2 para posibilitar ampliacións futuras.
Coa chegada do PP de novo ao poder no ano 2009, aquel Conselleiro, José Manuel González, é nomeado xerente do CHOP e nas súas primeiras declaracións comprométese a remodelar e ampliar Montecelo para dispor do hospital único ao final da lexislatura, xa que segundo as súas propias palabras, o proxecto leva sobre a mesa de Sanidade desde o ano 2005 (asinado polo entón Conselleiro de Política Territorial, Alberto Núñez Feijoo, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e o presidente da Deputación, Rafael Louzán) [1] e “xa se investiu moito, polo que retroceder na formulación inicial sería un erro” .
Pouco despois, o Sr Telmo Martín, responsable do PP local, contradí as declaracións do xerente e maniféstase a favor da construción dun hospital con financiamento privado en Monte Carrasco, en liña co seu programa electoral.
Durante un curto período de tempo existiron dúbidas sobre quen “gañaría a partida”; o responsable sanitario ou o empresario da construción, ata que a Conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, apoiou a este último e o xerente viuse obrigado a cambiar a súa declaración e o seu compromiso.
O novo proxecto de Hospital en Monte Carrasco está en concordancia coas liñas estratéxicas do PP noutras CCAA nas que goberna, a privatización do financiamento e da xestión dos hospitais, algo moito máis difícil de alcanzar coa ampliación do hospital público de Montecelo que coa construción dun novo.
Hospitais PFI de Madrid, en perigo de peche
Luns, 16 Maio 2011 10:23
AS EMPRESAS CONCESIONARIAS DOS NOVOS HOSPITAIS PFI DE MADRID AMEAZAN CON PECHALOS SE NON SE LLES PAGA UN CANON MAIOR
Javier Fernández-Lasquetty presidente da Asociación de Empresas Construtoras de Ámbito Nacional (SEOPAN), remitiu unha carta, ao conselleiro de Sanidade da Comunidade de Madrid en nome das concesionarias, na que lle indica que interpuxeron 20 recursos contencioso-administrativos contra o Goberno Autonómico, pola situación dos hospitais Porta de Ferro, Infanta Sofía, Hospital do Henares, Infanta Leonor, Infanta Cristina, Sueste e Hospital do Tajo, acollidos ao modelo de financiamento privado PFI.
Os empresarios ameazan con romper os acordos alcanzados coa Consellería de Sanidade Madrileña se non se incrementa en 80 millóns de euros o canon anual, xa que consideran que a súa rendibilidade pasou do 11,22% ao 7,61 por cento. O peche destes hospitais PFI suporía deixar sen asistencia a miles de madrileños
As dificultades económicas do goberno da CCAA de Madrid fai que este non pague nos prazos fixados o elevado canon acordado coas empresas pola construción dos hospitais. A administración sanitaria madrileña alega para iso os incumprimentos polas empresas dos contratos para a construción, financiamento e xestión dos servizos.
Segundo estas empresas concesionarias os problemas e desacordos ten que ver co:
- Desequilibrio nos fluxos de caixa dos hospitais
- Incremento do prezo final da obras e problemas co persoal dos centros
- Sobrecusto dos novos investimentos realizados nos hospitais durante a fase de explotación
- Cobro do IVE
- Aumento da actividade dos centros por encima do acordado na concesión
Con todo as empresas xa recibiron máis diñeiro do que custou a construción dos centros e aínda se lles deben máis de 4.000 millóns de euros
Esta alarmante situación vén demostrar, unha vez máis, as denuncias da Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de Vigo sobre os riscos asociados a financiar o Novo Hospital pola fórmula PFI (copiada dos hospitais de Madrid) xa que ademais da privatización do centro e da enorme hipoteca asociada ao seu elevado custo (catro veces superior ao real), levan asociado o risco de que as construtoras pechen os hospitais se non reciben máis diñeiro do acordado no canon, como ocorre agora nesta CCAA.
Antes de que sexa demasiado tarde o único razoable é reintegrar o financiamento, construción e xestión do Novo Hospital de Vigo ao sistema público.
Manifestación Ourense
Xoves, 07 Abril 2011 10:01
Plataforma SOS Sanidade Pública reitera o seu apoio á Manifestación convocada para mañan dia 7 pola Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de Ourense en contra da deterioración e abandono da sanidade pública en Ourense asociado ao peche de centros, camas e outros dispositivos asistenciais na provincia así como o abandono do Plan Directorio para a ampliación e modernización do Complexo Hospitalario.
Esta situación é unha mostra máis da política de descapitalización, deterioro e privatización da sanidade pública galega que esta levando a cabo o Goberno de Núñez Feijoo e que só poderá ser freada pola mobilización dos cidadáns e profesionais sanitarios directamente prexudicadas pola mesma.
A Plataforma SOS considera que nestes momentos está en xogo o porvir do sistema sanitario público en Galicia, que pode ter serias consecuencias para toda a poboación, independentemente da súa afinidade política, polo que chama a todos os cidadáns e institucións representativa a mobilizarse na sua defensa.
Manifestación SOS Sanidade Pública Ourense
Venres, 01 Abril 2011 21:29
A Plataforma SOS Sanidade Pública quere mostrar o seu apoio á proposta manifestación o próximo 7 de abril na cidade de Ourense, en defensa do sistema sanitario público, contra a súa privatización, pola creación de novas infraestruturas hospitalarias e de atención primaria, e por unha atención digna e humana, convocada pola Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ourense, asociacións veciñais, de usuarios e de doentes, colexios profesionais, organizacións políticas, sociais e sindicais, cargos institucionais, alcaldes e concelleiros dos municipios de Ourense, Amoeiro, Carballeda de Avia, Parada do Sil e Coles.
A Plataforma SOS Sanidade Pública chama a tódalas Plataformas de Galicia a apoiar activamente esta nova mobilización contra o deterioro e a privatización do noso Sistema Sanitario Público polo Goberno da Xunta de Galicia e a Consellería de Sanidade e a estar presente na mesma.
Concentración e plante no Consello Galego de Saúde
Mércores, 29 Decembro 2010 00:20
A Consellaría de Sanidade convocou este día 28 de decembro ao Consello Galego de Saúde. Semella a última inocentada deste ano da Consellaría coa cidadanía galega. Durante esta reunión do Consello Galego de Saúde, membros de todas as Plataformas en Defensa da Sanidade Pública concentráronse diante do edificio no que tiña lugar. Mentres, dentro, representantes das organizacións adheridas a SOS-Sanidade Pública, ao pouco de comezar o acto, deron lectura ao manifesto redactado ao efecto mentres portaban cartaces co lema "SOS-Sanidade Pública. Contra a privatización da Sanidade Pública". Tras a lectura do mesmo, retiráronse da reunión para unirse ás persoas que se atopaban concentradas diante do edificio.

A Plataforma denuncia a privatización sanitaria e declárase en rebeldía fronte ás políticas da Xunta de Galiza. Núñez Feijoo e a política sanitaria deste Goberno son a maior ameaza ao sistema sanitario público desde a súa creación.
A nova na Voz de Galicia
S.O.S. Sanidade Pública, Contra a privatización e na defensa e mellora da Sanidade Pública
Domingo, 21 Novembro 2010 23:40
21 DE NOVEMBRO DE 2010, MANIFESTACIÓN EN SANTIAGO
SANIDADE PÚBLICA DE CALIDADE, AGORA E SEMPRE
Para defender á Sanidade Pública, ducias de milleiros de persoas percorreron as rúas de Compostela este domingo. Esta enorme mobilización social é unha resposta contundente ás políticas privatizadoras postas en marcha polo Partido Popular desde a súa chegada ao goberno.
A Plataforma S.O.S. Sanidade Pública amosa o seu agradecemento a toda a cidadanía que, desafiando o tempo, acudiu ás rúas de Compostela para dar unha clara resposta ao grito de socorro da Sanidade Pública.
Esta mobilización foi posible polo compromiso e traballo das Plataformas de tódalas comarcas e as asociacións e organizacións que as forman, das organizacións veciñais, dos partidos políticos e sindicatos e das personalidades do mundo da cultura que apoian S.O.S. Sanidade Pública.
A resposta a ese S.O.S. ten que ser escoitada polo goberno da Xunta, de non ser así pode ter por seguro que este é so un paso máis na defensa da sanidade Pública, e que daremos tódolos necesarios para deixarlles as nosas fillas e fillos unha mellor sanidade da que nos atopamos, cen por cen pública, gratuíta e de calidade, e á que teñan aceso en igualdade de condicións o cen por cen da cidadanía.
IMAXES

♦ Ver a galería de imaxes completa
PRENSA
Público
La privatización perjudica la salud
El Correo Gallego
Exigen "dar marcha atrás" en la "privatización" de la sanidad.
La Voz de Galicia
Miles de personas se manifiestan en Santiago en defensa de la sanidad pública
Xornal.com
Miles de gallegos se manifiestan contra "la privatización de la sanidad"
Galicia Hoxe
Miles de persoas maniféstanse en Santiago en defensa da sanidade pública
Faro de Vigo
Miles de personas, contra la "privatización" de la sanidad
El Mundo
Miles de personas se manifiestan en Santiago en defensa de la sanidad pública
Galiciaé
Miles de personas se manifiestan en Santiago en defensa de la sanidad pública
Radio Fusión
25.000 persoas esixen dar marcha atrás na política sanitaria da Xunta
Galicia Confidencial
Éxito da convocatoria plural de SOS Sanidade Pública en Santiago. Crónica e fotos.
VIDEOS
TVG
Multitudinaria manifestación en Santiago en defensa da sanidade pública
V Televisión
Unas 25.000 personas se manifiestan para defender la sanidad pública
La Sexta
Galicia quiere Sanidad Pública
Galicia Confidencial
Manifestación S.O.S. Sanidade Pública en Santiago
TeleBNG
Manifestación en defensa da sanidade pública
Outros videos
Manifestación SOS Sanidade Pública (21/11/2010)
S.O.S. Sanidade Pública
Dez razóns para salvar a sanidade pública
Venres, 19 Novembro 2010 10:49
A cámara do Galicia Confidencial entrevista aos voceiros da Plataforma SOS Sanidade Pública na véspera dunha cita clave. Tendo en conta o éxito de protestas previas en cidades como Vigo, a manifestación do domingo en Santiago será multitudinaria.
Galicia, que adica o 9% do PIB a Saúde, ten mellor cobertura que Estados Unidos, onde o sistema privado absorve o 20% da riqueza. Este é un dos argumentos dos voceiros de SOS Sanidade Pública, a plataforma plural que este domingo convoca unha manifestación en Compostela.
A cámara de Tingalaranga entrevista aos voceiros do colectivo en exclusiva para Galicia Confidencial. Son Francisco Vázquez, de SOS Sanidade Pública Vigo; María Xosé Abuín, da Federación de Saúde da CIG, e Francisco Reyes, de SOS Sanidade Pública Compostela. Velaquí, resumindo as súas palabras, porqué cómpre secundar a súa convocatoria:
-
A manifestación non vai contra ningún partido. Unicamente reclámase unha sistema onde pague máis quen máis diñeiro teña, e non quen máis doenzas sufra.
-
Malia ser apartidaria, a Plataforma critica a actual política de contratatacións do Sergas. Dende o cambio do Goberno, a Xunta ofrece de novo contratos precarios, que empurran aos profesionais a buscar estabilidade fóra de Galicia.
-
O cadro de persoal do SERGAS non aumentou dende a chegada do novo Executivo.
-
Introducir o capital privado nos hospitais (como fará a Xunta nos novos centros de Vigo, Pontevedra e dez lugares máis) é unha temeridade. Os xerentes dos complexos terán como prioridade o beneficio económico máis que a calidade da atención.
-
O modelo "público privado" xa se probou antes, tanto en Galicia como fóra, e sempre provocou unha peor calidade do servizo. Por exemplo, en Madrid os centros privatizados teñen como máximo 0,73 médicos por cada 1.000 habitantes, mentres que os públicos móvense sempre por enriba de 1,3 doutores por 1.000 habitantes.
-
No exterior tamén hai exemplos de sistemas 100% públicos que funcionan ben. Tal é o caso de Austria, onde non hai listas de agarda malia ter tamén unha poboación moi avellentada.
-
A xestión pública do sistema sanitario pode ser máis eficaz, pero por natureza é máis rendíbel que a privada. Abonda comparar a calidade do SERGAS, que absorve o 9% da riqueza galega anualmente, coa do sistema dos EE.UU, que absorbe o 20%.
-
Algúns cargos do SERGAS, nomeados pola Xunta, están a dificultar o traballo crítico da plataforma. A xerencia do hospital da Coruña, o antigo Juan Canalejo, prohibiu esta semana un acto reivindicativo da plataforma.
-
No sistema público os custes son secundarios pois o prioritario é recuperar a saúde do cidadán. No privado, os custes son máisn importantes, porque reducilos significa incrementar os beneficios.
-
A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, segue sen organizar as quendas de tarde na pública, mentres drena as listas de espera desviando pacientes a sanatorios privados. A consecuencia é un maior gasto e o aumento das listas en certas especialidades. Por exemplo, a cirixuía pedriática da área de Compostela opera aos nenos despois dunha espera media de máis de tres meses.
Apertas contra a privatización
Venres, 19 Novembro 2010 00:21
Adaptación, para “SOS Sanidade Pública”, da cantiga “RUMBA DAS APERTAS”.(“Rumba das Apertas” é unha canción incluída no libro-CD “A nena e o grilo” con letra e música de Magín Blanco. A canción orixinal pode escoitarse nesta ligazón http://www.youtube.com/watch?v=2HT8YIxRovU&feature=player_embedded).
Descargar letra
Xente do mundo cultural galego apoian a SOS Sanidade Pública
Martes, 16 Novembro 2010 17:55

S.O.S. Sanidade Pública
Luns, 15 Novembro 2010 11:56
Comunicado denuncia das Organizacións Sindicais ante a censura pola Dirección do CHUAC dunha charla en defensa da Sanidade Pública
Sábado, 13 Novembro 2010 14:43
CCOO, CIG-SAÚDE, SAE, SATSE e UXT queren denunciar a prohibición, por parte do Xerente do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (CHUAC), da Mesa Redonda en Defensa da Sanidade Pública, convocada pola Xunta de Persoal no Salón de Actos do Hospital, para o vindeiro luns 15 de novembro, ás 11.30 horas.
Diante de tan grande agresión anunciamos que:
Manterase a convocatoria da mesa redonda, aínda que sexa na rúa, e convocamos a todos os traballadores/as do noso complexo hospitalario a unha concentración na rotonda da planta baixa, o vindeiro luns 15, ás 11.30 horas, en:
- defensa da liberdade de expresión
- en defensa da liberdade sindical
- en defensa da sanidade pública
Esta é a primeira vez, na historia deste hospital, que se prohibe un acto convocado pola xunta de persoal.
A PLATAFORMA SOS SANIDADE PUBLICA PRESENTA UNHA DENUNCIA ANTE O VALEDOR DO POBO DA LICITACION DO NOVO HOSPITAL DE VIGO
Sábado, 13 Novembro 2010 14:26
CONVOCATORIA PARA OS MEDIOS
A PLATAFORMA SOS SANIDADE PUBLICA PRESENTA UNHA DENUNCIA ANTE O VALEDOR DO POBO DA LICITACION DO NOVO HOSPITAL DE VIGO
ASUNTO
O portavoz en defensa da Sanidade Pública Manuel Martin entrega no Valedor do Pobo unha denuncia por incumplimento das líneas básicas da Lexislacion do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia da Licitación do Novo Hospital de Vigo pola fórmula público-privada
DÍA: Luns, 15 de novembro
HORA: 10:00 (Declaracións aos medios de comunicación).
LUGAR: Diante da Edificio do Valedor do Pobo. SANTIAGO
ASUNTO: O portavoz da Plataforma SOS Sanidade Pública Manuel MARTIN entrega no Valedor do Pobo a denuncia pola Licitación do Novo Hospital de Vigo
O portavoz desta plataforma Manuel Martin realizara declaracións aos medios de comunicación ás portas do Edificio do Valedor en Santiago.
O copago sanitario ... por Vicenç Navarro
Venres, 05 Novembro 2010 12:12
Existe unha percepción xeneralizada nalgúns sectores políticos do país de que a poboación está abusando do sistema sanitario. Cítase o feito real de que o número medio de visitas por habitante en España é o máis alto da Unión Europea dos 15 (o grupo de países da Unión Europea de semellante desenvolvemento ao noso) como indicador de tal abuso.
Cada habitante visita ao médico, como media, nove veces ao ano, cando a media da UE-15 está ao redor de cinco veces. De aí deriva aquela percepción sobre a cal baséanse unha serie de propostas encamiñadas a corrixir este suposto abuso. E, posto que unha das causas deste abuso asúmese que é a gratuidade dos servizos, estase propondo un copago (a cantidade máis frecuentemente utilizada é dun euro por visita) para desincentivar tal abuso. Segundo tal teoría, se a xente ten que pagar un euro por visita, pensarallo dúas veces antes de ir ao médico, reducindo as visitas ás estritamente necesarias.
Constituída a Plataforma S.O.S. Sanidade Pública
Venres, 15 Outubro 2010 12:10
Todas as Plataformas en Defensa da Sanidade Pública agrupadas na Plataforma Galega e as Organizacións que as conforman decidiron o pasado 6 de outubro, constituír unha Plataforma que sexa quen de dar unha resposta global á situación de perigo de desaparición da Sanidade Pública (SOS Sanidade Pública), e convocar unha Manifestación en Santiago de Compostela o día 21 de novembro de 2010.
O obxectivo de SOS Sanidade Pública e informar á cidadanía da situación de risco na que se atopa a sanidade Pública, e da necesidade de defendela, e para iso é necesario conseguir unha enorme mobilización social que inclúa a toda a cidadanía, xa que todas e todos pagaremos as consecuencias de perdela. Se até o de agora estabamos a defender melloras no seu funcionamento, neste momento temos que saír á rúa a defender a súa existencia.

Listaxe de adhesións ao manifesto de S.O.S. Sanidade Pública
337. Alicia Ares Vilar (enfermeira).
336. Lucía Mª García Rivela.
335. Adolfo Telmo Pérez (médico AP)
334. Encontro Irmandiño de Ourense.
333. Uxío García Lois.
332. Edelmiro Momán Noval.
331. Mª Victoria Rodríguez Rilo (enferma fibromialxia)
330. Francisco Torrente Hortas.
329.Aura Rosa García Vilar
328. Óscar Gómez Mera
327. Sonia Santos Lopez
326. Xulia Novales Ordax
325. Rosa Quinteiro Rendo
324. Tariku Novales Ordax.
323. María Begoña Rodriguez Gómez.Médico P.A:C Betanzos
322. Gabriela Abelenda Alonso (Estudante de Medicina da USC)
321. Pilar Junquera Colmeiro (Ensinante)
320. Xabier Rúa Pérez (Autónomo)
319. María Rúa Junquera (Xornalista)
318. Carlos Rúa Junquera (Estudiante)=
317. Maruxa Barrio Val
316. Henrique Harguindey Banet
315. Consello Comarcal de Esquerda Unida A Coruña314. César Santiso Corral
313. Elena Casasempere Dalama
312. Asociación Galega de Profesionais das drogodependencias e outras condutas adictivas311. Lorena Regueiro Blanco
310. Nuria López Franco309. María José Moro Baizán (Enfermeira)
308. Celso Xavier Milleiro Sánchez
307. Xosé María Sánchez Pena
306. Unai Pardavila Rivas (Estudante de Enfermería305. Xoán Manuel Pousa Lucio
304. Cristina Prados Rubio
303. Anxos Sobriño Perez
302. Belén Bellas Cebreiro
301. Mª Martiña Fernández de la Torre
300. Diana de las Mercedes Fernández de la Torre
299. Xulia López Míguez
298. Odilo Barreiro Martínez
297. Comités Abertos (Organización do estudantado galego)
296. María Teresa García Ares
295. Asociación Verdegaia
294. Ramón Veras Castro
293. María Purificación Seixido Gómez (Guionista)
292. Francisco L. Vázquez Vizoso (Médico, CHOP)
291. Ignacio Jorganes Echezarreta (Consignatario de buques)
290. Lourdes García Romero
289. Adolfo Corral Calviño
288. Graciano Otero Díaz
287. Camilo Agulleiro Sambade
286. Irene Calvo Mosquera
285. Mª Cristina Borreiros Gómer (TCAE da Área Sanitaria de Ferrol)
284. Eva Santalla Fernández (Celadora da Área Sanitaria de Ferrol)
283. Carmen Penabad Castro (Ama de casa)
282. Patricia Picallo Vázquez (Aux. Autopsias da Área Sanitaria de Ferrol)
281. Carmen de Pazos Liaño
280. Alba Portabales Goberna
279. Ana Suarez Castro (Traballadora e usuaria da Área Sanitaria de Ferrol)
278. Ricardo Díaz López (Celador da Área Sanitaria de Ferrol)
277. Maria Jose Pulido Gil (Celadora da Área Sanitaria de Ferrol)
276. Comba Campoy García
275. Maria Luisa Iglesias López (Aux. Administrativa da Área Sanitaria de Ferrol)
274. Mª José Ces Rioboo
273. Antonio Yáñez Casal
272. Ana Belén Piñeiro Roca
271. Alberto Lopez Diaz-Robles
270. Belén Taboada
269. Xosé Camiño Soto (Usuario)
268. Asociación Cultural Lefre de Caldereta
267. Sofía Barreiro Vidal (Traballadora do SERGAS e usuaria)
266. Xosé Francisco Xabier Alvedro Álvarez (DUE – Compostela)
265. Xosé Lois López Rábade (Enfermeiro do Traballo)
264. Francisco Xosé Rei García (Opositor)
263. Xan Ramón Fernández Cid
262. Ignacio Campo Valña (Mantemento CHUAC)
261. Mª Xosé Abuín Álvarez (Secretaria Nacional de CIG-SAÚDE)
260. Milagros Marmoller
259. Andrés González Pena
258. Manuel Fernández Bahamonde
257. Antonio Leiras (Celador da Área Sanitaria de Ferrol)
256. Guadalupe García Vázquez (TCAE da Área Sanitaria de Ferrol)
255. Montserrat Porto Deibe (TCAE da Área Sanitaria de Ferrol))
254. Manuel Porto Rey (Xubilado cabreado)
253. Emilio Lorenzo Barreiro (Xubilado)
252. Mª Soledad Varela Abalo (Xubilada)
251. Mª Asunción Leal Rodríguez (ATS da Área Sanitaria de Ferrol)
250. Antonia Rodriguez Rey (Celadora da Área Sanitaria de Ferrol)
249. Plataforma pola Defensa e Mellora da Sanidade Pública da Coruña
248. Isabel Filgueira Agrelo (Celadora da Área Sanitaria de Ferrol)
247. María Pardiñas Eimil (Traballodora Social)
246. José Teijido Vidal (Traballador do Naval)
245. Juan Miguel Romero Abad (DUE)
244. Nieves Feal Allegue (Aux. Administrativa da Área Sanitaria de Ferrol)
243. María José Torrado Carreño (Aux. Administrativa da Área Sanitaria de Ferrol)
242. José Rico Gómez (Celador da Área Sanitaria de Ferrol)
241. Jesús Filgueiras Allegue (Xubilado)
240. Marina Carballeira Ramil (Ama de casa)
239. Pilar Hermida Taracido (Xubilada)
238. Isabel Seco Espada (Administrativa)
237. Mª Pilar Fernández Breijo (Aux. Administrativa da Área Sanitaria de Ferrol)
236. Mª del Carmen Piñeiro Bellón (Xubilada)
235. Adelina Suárez Mïguez (Ama de casa)
234. Arturo García Calvo (Xubilada)
233. Encarnación Pardel Alba (Traballadora)
232. Mónica López Sotelo (TCAE da Área Sanitaria de Ferrol)
231. Angel Rodríguez Trincado (Traballador)
230. Enma Caballero González
229. Nieves Puentes Meizoso (Traballadora SERGAS)
228. Angeles Romero Estrada (Traballadora SERGAS)
227. Adelina Míguez Amigo (Xubilada)
226. Víctor Manuel Leira Pazos (Xubilado)
225. Patricia Leira Suárez (Traballadora)
224. Mary Rico (Xubilada)
223. Mª José Cancelo Roca
222. Maricha Carballo Roca
221. Emilio Sanjuán Martínez (Xubilado)
220. Fortina Deive Sanmartín
219. Juan Manso Pena (Xubilado)
218. Ana Belén Manso Porto (Estudante)
217. Jose Vázquez Torres
216. Marina Mosquera García (Aux. Administrativo da Área Sanitaria de Ferrol))
215.Anxo Lois Diéguez Pardo
214. Angel Fernández Valdivieso
213. Rosa Mª Fraga Rodríguez (Psicóloga Clínica-Psicoanalista)
212. Flora Miranda Pena
211. Pedro M. Alonso Varela
210.Daniel Roibás Soto
209. Juan José Canto Varela
208. Asociación de Veciños San Salvador de Serantes(Ferrol)207. Manuel Acevedo Fuentes
206. Martina Paz Díaz Villar
205. Dolores Rodríguez Pereira
204. Francisco Paz Anca
203. Mª Rosa Lorenzo Montero
202. José Andrés Serantes Lorenzo
201. Mª Dolores Manivesa Caneiro
200. Francisco Javier Bayolo Hermida
199. Mª Jose Moreno Golpe
198. Jose Alberto Otero Pazos
197. Rafael Pillado Lista (Usuario)
196. Carmen Teresa Pena Beaz
195. Xosé Farruco Graña Rama
194. Victoria de Arce
193. Xosé Bestilleiro Bello
192. Susana María Gómez Pedreira
191. Alberte Sánchez Regueiro
190. BNG de Bergondo
189. X. Paulo Rendo Martínez
188. Alternativa dos Veciños de Oleiros
187. Xosé Antón Vilaverde Santamariña (Parado)
186. Mario López Rico
185. Xosé Manuel Fernández Costas (Ensinante)
184. José Javier Pérez López
183. Xabier Iglesias Oviedo (Primeiro tenente de alcalde do Concello de Cambre)
182. Ana María Moral Álvarez
181. Joaquin Manovel de la Fuente
180. Christina Moreira Vázquez
179. Jessica Rey Gómez
178. Nicolás González Casares (DUE 061)
177. José Francisco Prego Paz
176. Isabel Maiz Suarez
175. Juan Filgueiras Sarnoso
174. Mª Esther Pena Freijomil
173. Hipolito Cabezas Martínez
172. Mª Luz de Castro Pol
171. Jose Ramón Villares Pérez
170. Mº Angel Carneiro Freire
169. José Luis Pareja Cortes
168. Mª José Casanova Mayo
167. Ana Mª Mayo Purriños
166. Cesareo Vázquez García
165. Carmen Candela Ruíz
164. Irene Teijeiro López
163. Carmen Pato Díaz
162. Jesús Perez Fernandez
161. Ana M ª García Fernández
160. José Ramón Rico Saavedra
159. Amelia Vilar Sanesteban
158. Mª Teresa García Pardo
157. Araceli Méndez Rodríguez
156. Dolores Montero Couce
155. Alicia Caneiro Rodríguez
154. Soledad Novo Fojo
153. Mercedes Meizoso Paz
152. Mª Irene López Vilariño
151. María González Martínez
150. Amalia Farrona Varela
149. Victoria Garcia Quián
148. Mª Remeios Blanco Pita
147. Xosé Antonio Rubal López
146. Xesús Eduardo García Bermúdez
145. Comité de Empresa da Gt Motive
144. Juan Jose Lorenzo Roade
143. Iniciativa Estudiantil Galega - IESGA
142. Xabier Pérez Igrexas
141. Mª Xosé Quintáns Vigo
140. Sindicato CC.OO.(Área Sanitaria de Ferrol)
139. Matias Rodriguez da Torre
138. Anxela Mariño López (Profesora)
137. Bráulio Amaro Caamaño (Profesor)
136. Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Ferrol
135. Mª Victoria Rodríguez Rilo
134. Anxo Fernández Iglesias
133. Anacos da Cidade (Colectivo cidadá)
132. Miguel Doval Garza131. Concepcion Lopez Grande
130. Víctor Manuel Fuentes Viaño (Traballador do servizo de recollida de lixo)
129. Carme Sanmiguel Díaz (Celadora do CH Arquitecto Marcide)
128. Andrés Feal Hernández (Prexubilado BBVA)
127. Alicia Romero Castro
126. Afonso Sánchez Regueiro
125. Gonzalo Grela Gacio
124. Galiza Nova
123. Bocixa (Músico)
122. Rosa María López Expósito (Enfermeira Hospital da Costa)
121. Marisa Domingo Juega
120. Rocío Da Igrexa Prego
119. Pilar Freire Cid (Enfermeira CHOU)
118. Antía Quintas Freire (Parada)
117. Manuel Rodiño Fernández
116. Susana Méndez Rodríguez (Enfermeira)
115. Alejandra Martínez Yáñez
114. Fernando Rivas Pérez (Celador CHOU)
113. Ana Mª Arto Blanco (Usuaria, traballadora e delegada de CIG)
112. María Teresa Viñas Neira
111. Manuel Francisco Caamaño Villar (Economista)
110. Yolanda Quinteiro Rendo
109. Aire Quinteiro Gómez
108. Catriel Quinteiro Rendo
107. Kenia Quinteiro Rendo
106. Felisa Rendo Lema
105. Tinidad Rendo Lema
104. Ana Quinteiro Rendo
103. Manuel Sio Blanco
102. José Miguel Gómez Fernández
101. Maximino Codesido Conde
100. Amelia Rendo Lema
99. Fátima Fernández Sende
98. María Elena Sende Míguez
97. Manuel Blanco Mouro
96. Xermán Rouco LLanderrozas (Mantemento CHOP)
95. Evaristo Díaz Castro (Psicólogo Clínico)
94. María Dolores Cuña Loeda
93. Mª de la Concepción Álvarez García
92. Ana Gloria Rodríguez Alonso (Profesora)
91. Sindicato CIG (Área Sanitaria de Ferrol)
90. Carmen García Pons (Médica de Atención Primaria-Pontevedra)
89. Enrique J. Lareo Martín
88. Gonzalo Suárez Rodríguez (Xubilado)
87. Mª Asunción García Carro
86. Jose Luis Castro Morillo
85. Sindicato UGT (Área Sanitaria de Ferrol)
84. Juan Carlos Pita Galego (Celador da Área Sanitaria de Ferrol)
83. Beatriz Leal Riesco
82. Xulio Leal Carreira (Profesor Ensino Medio)
81. Jesús Rey García
80. Susana Rodríguez Álvarez (Enfermeria da Área Sanitaria de Ferrol)
79. Nieves Pazos Rúa (ATS/DUE da Área Sanitaria de Ferrol)
78. Aser díaz González
77. Marciano Sanchez Bayle (FADSP)
76. Gloria Rodríguez García
75. Celsa Perdiz Álvarez (Traballadora Social)
74. Natividad González Laso
73. Bruno Vilela López (Técnico Forestal)
72. Marta Ether Santos Peres (Professora de Ciclo Formativo)
71. Mª Victoria Rodríguez García (Médico do CHUVI)
70. Chechu Jiménez Martínez (Médico de Medicina Interna. CHOU)
69. Lois Mendez Perez
68. Elvira Verea López de Guereñu
67. Sergi Raventós Panyella
66. Antoni Barbarà Molina (Médico)
66. Dempeus per la Salut Pública (Asociación cidadán de Catalunya)
65. Enrique Veira Pino
64. Elena Alvarez Andrés
63. Àngels Martínez Castells. Economista. Presidenta de Dempeus per la Salut Pública
62. Antucho Espinosa Suances
61. Asociación socio-cultural Namentras
60. Plataforma en defensa da Sanidade na Mariña
59. Lois Uxío Taboada Arribe
58. Eladio Osorio Montenegro
57. Julia Carballo Rodríguez (Profesora de Universidade)
56. Arturo Baliño Vázquez (Enfermeiro)
55. Mari Luz Riesco Martin
54. Yolanda Barcia Rodríguez (PSX)
53. Xosé Manoel Fírvida Plaza
52. Víctor Pedreira Crespo (Médico)
51. Xosé Manuel Iglesias Otero (Psicólogo)
50. Cándido Soria Fortes
49. X.Luis Álvarez Prieto (Enfemermeiro)
48. María Mercedes Díaz López (Traballadora da Área Sanitaria de Ferrol)
47. Xavier Vence (Catedrático Economía Aplicada-USC)
46. Joám Casas Rodrigues
45. Mari Carmen Sotelo Sotelo
44. David Otero Fernández
43. Asociacion Cultural MOENDO VIVO
42. Manuel Vazquez Suarez
41. Uxío Novoneyra Rei
40. Antonio Marzabal Riveira
39. Elisa Flores Riedwyl
38. Xoana Zamudio Cutrín (Enfermeira)
37. Carmen Espiñeira Regueiro
36. Isabel Vaquero Quintela
35. Ines Sotelo Viana
34. Asociación ecoloxico cultural SOS COUREL
33. Jose Miguel Rodriguez Paz
32. Orlando Gregorio Álvarez Álvarez
31. Ramón García-Bodaño Pereira
30. Sandra Vilaseco Regueiro
29. Simón García-Bodaño Vilaseco
28. Xosé Miguel López Pérez (Celador do CHUAC)
27. Asociación Veciñal de Esteiro (Ferrol)
26. Xosé M. Parente Mojón (Enfermeiro de A.P.)25. Blog Celadores del Materno
24. Francisco Xavier Iglesias Mouriz (Telefonista da Área Sanitaria de Ferrol)
23. Manuel González Moreira (Médico)
22. Ana González Liste (Estudante de Xornalismo)
21. Plataforma da Defensa da Sanidade Pública de Moaña11. Plataforma en defensa da Sanidade Pública do Salnés
Adhírete ao manifesto de S.O.S. Sanidade Pública
Se concordas co manifesto de S.O.S. Sanidade Pública e queres apoialo, podes adherirte a el asinandoo a título individual ou colectivo enviando un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo solicitando a túa inserción na listaxe de adhesións ao manifesto. Nuns días aparecerá o teu nome ao inicio de dita listaxe.
Listaxe de adhesións
Manifesto S.O.S. Sanidade Pública
-
Reducir o orzamento sanitario, especialmente os capítulos de investimento, que perdeu 26 millóns de euros (30% do mesmo), e do gasto corrente destinado a garantir o funcionamento, que perdeu 22 millóns.
-
Dar entrada ao capital privado no financiamento e xestión das novas infraestruturas sanitarias recorrendo a Colaboración Público-Privada (PFI ou Concesión de Obra Pública) seguindo o exemplo das Comunidades Autónomas de Valencia e Madrid, onde tamén goberna e Partido Popular.
-
Retraso na apertura do hospital de Lugo (que leva anos terminado), facéndose a equipamento con capital privado e privatizando o servizo de lavandería.
-
Privatización e retrasos na construción do Novo Hospital de Vigo e da ampliación do Complexo Hospitalario de Pontevedra. Estas dúas obras, que tiñan previsto un financiamento e construción a través da Sociedade Pública de Investimento, son agora entregadas ao sector privado que asumirá o seu financiamento, construción e xestión (parcial) a través da fórmula de colaboración Público-Privada (PFI), que encarecerá entre tres e cinco veces o que nos constarán estas novas infraestruturas sanitarias. O novo Hospital de Vigo será bastante menos ambicioso en tamaño e servizos que o que estaba inicialmente previsto e, en Pontevedra, a ampliación do Hospital de Montecelo é substituída polo proxecto privatizador de Monte Carrasco.
-
Anuncio da cesión ao sector privado dos novos recursos de alta tecnoloxía dos hospitais públicos, comezando pola radioloxía e os laboratorios.
-
Abandono do Plan de Mellora de Atención Primaria que tiña previsto investir 62 millóns de euros en catro anos para resolver a masificación das consultas e súa baixa capacidade resolutiva. Construción dos novos centros de saúde con financiamento privado.
-
Abandono do Plan de Saúde Mental, do Plan de Drogodependencias e da atención sociosanitaria.
-
Eliminación da actividade dos hospitais públicos pola tarde, desviando aos pacientes a centros privados concertados o que ocasionou o incremento das listas de espera.
-
Anuncio do peche dos servizos de radioloxía de urxencia nos hospitais comarcais para concentralos nun só centro, afastando aos pacientes dos especialistas, limitando a realización de ecografías e substituíndoas por TACs, mais caros e que someten a radiación innecesaria ao paciente. Os informes radiolóxicos pretenden que os fagan os radiólogos nos seus domicilios ou nas empresas privadas.
-
Asignación da Nova Central de Chamadas (112) a unha empresa privada coa sede en León e cos seus traballadores en Sudamérica.
-
Inicio do proceso de desmantelamento das áreas sanitarias, necesarias para a planificación e a asignación equitativa dos recursos sanitarios.
-
Anulación de todos os acordos alcanzados cos sindicatos nas Mesas Sectoriais que contemplaban melloras salariais e das condicións de traballo, volvendo aos contratos lixo.
-
Permitiralle ocultar o endebedamento da CCAA que por ser contraído pola fórmula PFI non se contabiliza como tal nin aparece reflectido no orzamento autonómico.
-
Proporcionaralle unha importante baza electoral de cara ás próximas eleccións como é construír novos hospitais e centros de Saude cuxos sobre custes pagaran as futuras xeracións.
-
Proporcionaralle a xustificación para introducir o copago, acabar coa universalidade da oferta sanitaria pública e privatizar boa parte do sistema, dada a imposibilidade de facer fronte ao pago do enorme endebedamento contraído co sector privado.
-
Permitiralle, tamén, aparecer como líder neoliberal comprometido coa privatización sanitaria e facilitaralle o apoio político e económico dos bancos, grandes construtoras e multinacionais da sanidade, beneficiarios directos do modelo sanitario que quere implantar.

















