Grazas Preferentistas!

Mércores, 03 Agosto 2016 12:58

Imprimir

A Plataforma SOS Sanidade Pública quere agradecer á Plataforma de Afectados/as das Preferentes a donación de 1.000 euros, que será compartida coas Plataformas Solidariedade co pobo Saharauí, Afectados da Hepatite C, e Médicos do Mundo.

 

Consideramos esta acción como unha gran mostra a solidariedade dun colectivo social fortemente golpeado polas políticas neoliberais dos gobernos de Mariano Rajoy e Núñez Feijoo, que fixeron pagar os rescates bancarios e o fracaso das políticas de austeridade (que só benefician aos máis poderosos)  a sociedade en xeral e especialmente aos sectores populares máis desprotexidos.

 

Para a nosa Plataforma é un gran honor recibir este recoñecemento dun colectivo que foi capaz de loitar sen descanso ata conseguir os seus obxectivos.

 

Esta actitude de reivindicación, mobilización e loita, debería servir de exemplo á poboación e ás organizacións sociais, políticas e sindicais, afectadas polas políticas de recortes de dereitos fundamentais.

 

Só organizados/as e unidos/as poderemos vencer ao pesadelo político neoliberal.

 

A Plataforma SOS Sanidade Pública estará presente no acto que se celebrará mañá xoves 4 de agosto, ás 11.15 na Praza 8 de marzo (entrada rúa de San Pedro) en Santiago de Compostela.