Comarcas
Descarga
- Logo SOS
- Banner
- Modelo de cartaz manifestación 3 de xuño
- Folleto informativo manifestación 3 de xuño
- Folleto informativo manifestación 3 de xuño (duplo)
- Cartaz Manifesto ILP
- Logo ILP 1
- Logo ILP 2
- Logo ILP 3
Plataformas Sanidade
* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol
* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte de Lemos
* Plataforma contra a privatización de Pontevedra
* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área de O Barco
* Plataforma en defensa da Sanidade Pública do Salnés
* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Lugo
* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Ourense
* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Cangas
* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Moaña
* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Santiago
* Plataforma pola Defensa e Mellora da Sanidade Pública da Coruña
* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Vigo
* Plataforma en defensa da Sanidade Pública na Mariña
* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Barbanza
* Asociación Galega para a defensa da Sanidade Pública (Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública)
Procurar
Grazas Preferentistas!
Mércores, 03 Agosto 2016 12:58
A Plataforma SOS Sanidade Pública quere agradecer á Plataforma de Afectados/as das Preferentes a donación de 1.000 euros, que será compartida coas Plataformas Solidariedade co pobo Saharauí, Afectados da Hepatite C, e Médicos do Mundo.
Consideramos esta acción como unha gran mostra a solidariedade dun colectivo social fortemente golpeado polas políticas neoliberais dos gobernos de Mariano Rajoy e Núñez Feijoo, que fixeron pagar os rescates bancarios e o fracaso das políticas de austeridade (que só benefician aos máis poderosos) a sociedade en xeral e especialmente aos sectores populares máis desprotexidos.
Para a nosa Plataforma é un gran honor recibir este recoñecemento dun colectivo que foi capaz de loitar sen descanso ata conseguir os seus obxectivos.
Esta actitude de reivindicación, mobilización e loita, debería servir de exemplo á poboación e ás organizacións sociais, políticas e sindicais, afectadas polas políticas de recortes de dereitos fundamentais.
Só organizados/as e unidos/as poderemos vencer ao pesadelo político neoliberal.
A Plataforma SOS Sanidade Pública estará presente no acto que se celebrará mañá xoves 4 de agosto, ás 11.15 na Praza 8 de marzo (entrada rúa de San Pedro) en Santiago de Compostela.