Saúde Mental

Movemento Galego da Saúde Mental

Con humor

2012-05-21_VIN_2012-05-14_00_32_43_davila

Plataformas Sanidade

* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol


* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte de Lemos


* Plataforma contra a privatización de Pontevedra


* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área de O Barco


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública do Salnés


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Lugo


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Ourense


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Verín

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Cangas


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Moaña

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Santiago


* Plataforma pola Defensa e Mellora da Sanidade Pública da Coruña

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Vigo


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública na Mariña

* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Barbanza

* Asociación Galega para a defensa da Sanidade Pública (Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública)


Procurar

SOS-Sanidade Pública ante o rescate

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

Despois da concesión por parte do Eurogrupo dun creto de 100.000 millóns de euros para financiar á banca a petición do goberno español, SOS Sanidade Pública quere manifestar a súa total oposición a que esa medida se faga de  novo a recaer sobre as costas da cidadanía moi castigada xa pola crise e que, ademais, é totalmente inocente do descalabro do sistema financeiro.

SOS Sanidade Pública continuará a súa loita para impedir que coa desculpa do aumento do déficit público e da débeda pública que provocará nas contas do Estado (o avalista final do empréstito) os gobernos de Rajoy e Feijoo continúen coas súas políticas de de retallamentos, repagamentos e privatizacións da Sanidade Pública.

SOS Sanidade Pública reitera que este rescate, consecuencia da crise financeira debe ser pagado polos seus responsables directos e polos que máis teñen, e non polas clases populares esquilmadas ata agora a base de suba dos impostos indirectos, taxas, aumento dos re-pagamentos e a diminución das coberturas sociais en xeral, que colocan a colectivos e sectores cada vez máis empobrecidos nos límites da exclusión social.

Finalmente, SOS Sanidade Pública colaborará con todas as iniciativas cidadás dispostas a pararlle os pes a este goberno dos banqueiros