Saúde Mental

Movemento Galego da Saúde Mental

Con humor

2012-05-21_VIN_2012-05-14_00_32_43_davila

Plataformas Sanidade

* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol


* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte de Lemos


* Plataforma contra a privatización de Pontevedra


* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área de O Barco


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública do Salnés


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Lugo


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Ourense


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Verín

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Cangas


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Moaña

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Santiago


* Plataforma pola Defensa e Mellora da Sanidade Pública da Coruña

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Vigo


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública na Mariña

* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Barbanza

* Asociación Galega para a defensa da Sanidade Pública (Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública)


Procurar

SOS-Sanidade Pública ante a folga xeral do 14-N

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

Participa na protesta do día 14 de novembro promovida pola Alianza Social Galega contra a política de recortes de dereitos laborais, do desmantelamento do Sistema de Benestar Social e de privatización da sanidade pública.

2012-11-06_171513

Mostra o teu rexeitamento aos:

  • Recortes do gasto sanitario público e incremento dos concertos con centros privados
  • Pagos de receitas polos pensionistas e a supresión do financiamento público de máis de 400 medicamentos
  • Pago por transporte non urxente en ambulancias, próteses, cadeiras de rodas, muletas, alimentos especiais para enfermos graves
  • Proxectos de privatización de hospitais como os de Vigo e Pontevedra
  • A paralización da construción de 66 centros de saúde (reducidos a 15 e coa metade de recursos previstos)
  • Desmantelamento das áreas sanitarias para aforrar e favorecer aos centros privados
  • Mantemento do concerto singular co hospital privado POVISA
  • Privatización dos servizos de información, plataforma informática, central de compras, etc que beneficiaron aos seus amigos
  • O Real Dercreto16/2012 que pretende acabar coa asistencia gratuíta, cunha oferta de servizos limitada que obrigará a pagar polos non incluídos na mesma.
  • A retirada do dereitos á atención a quen non cotice por non ter traballo como menores de 26 años , mulleres divorciadas, persoas excluídas  ou inmigrantes sen papeis.
  • A paralización dos hospitais pola tarde que incrementaron nunha terceira parte as tempos de espera, polo que hai máis de 40.000  pacientes nas listas de espera pública e outro tanto nas ocultas
  • Despedimentos de centos de profesionais e traballadores sanitarios de todas as categorias

Pedimos á ciudadanía galega que ese día

  • Salvo situacións de urxencias non acuda aos hospitais, centros de saúde e farmacias
  • Realice concentracións con carteis e pancartas fronte aos centros sanitarios da súa área ou localidade.

Salvemos a sanidade pública ameazada de morte polas políticas de recortes e privatizacións impulsadas polos gobernos de Núñez Feijoo e Mariano Rajoy

Descarga e difunde!
* Folleto
* Cartaz