Saúde Mental

Movemento Galego da Saúde Mental

Con humor

2012-05-21_VIN_2012-05-14_00_32_43_davila

Plataformas Sanidade

* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol


* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte de Lemos


* Plataforma contra a privatización de Pontevedra


* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área de O Barco


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública do Salnés


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Lugo


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Ourense


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Verín

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Cangas


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Moaña

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Santiago


* Plataforma pola Defensa e Mellora da Sanidade Pública da Coruña

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Vigo


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública na Mariña

* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Barbanza

* Asociación Galega para a defensa da Sanidade Pública (Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública)


Procurar

Carta aberta ao Sr Nuñez Feijoo Presidente da Xunta de Galicia

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

Desde as Plataformas Iniciativa Galega Pola Gratuidade da Sanidade e SOS Sanidade Pública que agrupan concellos de diferente signo político, organizacións veciñais e de pacientes, organizacións de profesionais sanitarios/as, ONGs, Colectivos de Inmigrantes, sindicatos, organizacións políticas, etc., queremos amosar o noso rexeitamento á introdución en Galicia do copago por medicamentos de dispensación hospitalaria.

1.- Porque a consideramos unha medida irracional e inxusta xa que

  • Na maior parte dos casos a perda do posto de traballo afecta a pacientes con enfermidades graves como o cancro, esclerose múltiple, artrite reumatoidea, que teñen unha elevada mortalidade, e que se asocian con graves molestias para os pacientes e en moitos casos discapacidade permanente.
  • A aplicación desta medida provocará para estes/as enfermos/as crónicos/as máis dificultades das que xa teñen para acceder aos medicamentos necesarios. As persoas e familias afectadas por estas enfermidades adoitan incrementar os seus gastos entre 400 e 600 euros e supoñen na maior parte dos casos a perda do posto de traballo propio ou dos/as familiares (caso de que a enfermidade afecte a un menor que necesita en moitos casos a presenza dalgún dos pais)

2.- Non cumpre ningún dos criterios argumentados pola administración sanitaria para xustificar os copagamentos: O carácter disuasorio e o recaudatorio dos mesmos, e neste caso non se cumpre en ningún dos dous supostos.

  • Non ten carácter disuasorio dado que a indicación da prescrición corre a cargo de especialistas clínicos e a súa administración contrólase polos servizos de farmacia hospitalarios, polo que os/as pacientes non teñen ningunha capacidade de decisión nin de opción para acumular este tipo de fármacos.
  • Tampouco é esperable un efecto recaudatorio dado que os gastos en persoal e equipamento administrativo necesarios para garantir o cobro compensarán os ingresos polo mesmo.

3.- O argumento da Consellaría de Sanidade de garantir a cohesión e a harmonización do sistema sanitario, tampouco se sostén dado que a maior parte das Comunidades Autónomas, incluídas as gobernadas polo Partido Popular (como Castela a Mancha presidida pola Secretaria Xeral deste partido), anunciaron que non a aplicarán ou que asumirán o pago dos devanditos medicamentos con cargo aos seus orzamentos públicos, dadas a súa dureza social e as súas repercusións sanitarias.

4.- Por todo iso esiximos á Xunta de Galicia que recapacite e non aplique esta medida que prexudica gravemente os colectivos afectados pola enfermidade e que en moitos casos non poderán facer fronte aos pagos pola súa vulnerabilidade económica e social.

5.- Facemos un chamamento aos traballadores sanitarios e á sociedade galega para que semobilice en apoio desta solicitude.

SOS Sanidade Pública

Iniciativa galega pola Gratuidade da Sanidade