Saúde Mental

Movemento Galego da Saúde Mental

Con humor

2012-05-21_VIN_2012-05-14_00_32_43_davila

Plataformas Sanidade

* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol


* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte de Lemos


* Plataforma contra a privatización de Pontevedra


* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área de O Barco


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública do Salnés


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Lugo


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Ourense


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Verín

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Cangas


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Moaña

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Santiago


* Plataforma pola Defensa e Mellora da Sanidade Pública da Coruña

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Vigo


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública na Mariña

* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Barbanza

* Asociación Galega para a defensa da Sanidade Pública (Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública)


Procurar

SOS-Sanidade Pública apoia a manifestación de hoxe a favor d@s enferm@s de Hepatite C

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

A Plataforma SOS Sanidade Pública apoia a manifestación convocada pola Plataforma Galega de Afectados pola Hepatite C para o día 1 de marzo en Santiago de Compostela porque:

- Rexeitamos a política de recortes sanitarios que antepoñen o cumprimento do Plan de Estabilidade Presupuestaria imposto pola Unión Europea para o Rescate Bancario aos gobernos de Mariano Rajoy e Núñez Feijoo, a prol do dereito á atención sanitaria dos enfermos.

- Non aceptamos que o Ministerio de Sanidade, en conivencia coa multinacional GILEAD (relacionada grandes empresas como Bankia, Inditex ou Endesa), fixase un prezo abusivo para o tratamento destes enfermos, que pon en risco a sostenibilidade do Sistema Sanitario Público Galego, que é quen deberá financialo.

- Consideramos que o Goberno do PP pode fabricar este fármaco como un xenérico, infinitamente máis barato, seguindo o exemplo doutros países (India) que gañaron un preito internacional contra a patente deste fármaco por GILEAD. Este fármaco non ten dereito a unha nova patentes porque vén sendo utilizado desde fai anos no tratamento do VIH (SIDA)

- Non aceptamos os criterios das comisións creadas polos gobernos do Partido Popular no Estado e Galicia dado que a maioría dos seus membros teñen conflitos de interese coa industria farmacéutica e o laboratorio GILEAD.