Saúde Mental

Movemento Galego da Saúde Mental

Con humor

2012-05-21_VIN_2012-05-14_00_32_43_davila

Plataformas Sanidade

* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol


* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte de Lemos


* Plataforma contra a privatización de Pontevedra


* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área de O Barco


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública do Salnés


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Lugo


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Ourense


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Verín

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Cangas


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Moaña

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Santiago


* Plataforma pola Defensa e Mellora da Sanidade Pública da Coruña

* Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Vigo


* Plataforma en defensa da Sanidade Pública na Mariña

* Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Barbanza

* Asociación Galega para a defensa da Sanidade Pública (Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública)


Procurar

Os recortes matan. Non ao negocio coa saúde. Participa hoxe nas mobilizacións convocadas por SOS-Sanidade Pública

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

 

recortes_matan

Coa chegada do Sr Feijóo á Xunta, o Partido Popular iniciou unha campaña de recortes, desmantelamento e privatizacións da Sanidade Pública, pretendendo que a sanidade sexa un privilexio, accesible a quen o poida costear a través dos repagos que tratan de impor. Ou acudindo á sanidade privada, adiantando os cartos que despois o SERGAS reintegrará.

 

A Sanidade é unha necesidade, é un dereito. Ante a enfermidade, precisamos duns servizos sanitarios que nos axuden a mellorar, a sobrelevar a debilidade que nos produce, a sandar. E estes servizos sanitarios deben atendernos a todos e todas por igual, sen discriminacións nin desigualdades. A igualdade só se garante cunha Sanidade Pública.

 

Durante os últimos anos, o goberno da Xunta impulsou todo tipo de medidas que afondan no desmantelamento da Sanidade Pública:

•              Están a provocar a descapitalización da Sanidade Pública: o recorte do orzamento sanitario en Galicia entre 2009 e 2014 foi do 12,3%, o que supuxo unha perda total de 460 millóns de euros; eliminaron 2.094 postos de traballadores sanitarios e pecharon 275 camas hospitalarias. Mentres, o 48,8% do orzamento sanitario foi parar ao sector privado, e só o 7,1% foi para investimentos e funcionamento dos centros públicos.

•              Os actuais gobernantes facilitan que a sanidade pública financie a investigación da industria tecnolóxica privada e dos laboratorios das multinacionais, e permiten que sexan estas as que decidan os aparellos a adquirir polo sistema público. A través dos Institutos Biomédicos de Investigación do SERGAS (Instituto Biomédico de Vigo e Instituto Biomédico de Santiago) a Banca e a Industria Sanitaria privada controlarán a investigación e a docencia e dificultarán calquera investigación que non estea de acordo cos seus intereses empresariais. Seguirán encarecendo o prezo dos medicamentos, dificultando ao acceso universal aos mesmos

•              A Atención Primaria sufriu un recorte de 190,9 millóns de euros (se incluímos o gasto farmacéutico extrahospitalario), e de 33 millóns (sen a farmacia). Están a desmantelar as Áreas Sanitarias para crear unha Área Única que abranga todo o territorio galego coa finalidade de crear un mercado sanitario no que poderá participar o sector privado. O desmantelamento das Áreas está sendo utilizado ademais para recortar os hospitais comarcais no Barbanza, Monforte, Barco de Valdeorras, A Costa e Salnés. O mesmo ocorre cos centros de Saúde Mental, Planificación Familiar, Prevención e Atención á Drogodependencia, Asociacións de Pacientes e ONGs.

•              Implantación de copagamento nas prestacións sanitarias. Incrementando o sufrimento das persoas que non teñen recursos económicos para facerlles fronte, creando un imposto sobre a enfermidade. Fronte a esta situación a comisión de sabios do PP recomenda nun recente informe incrementar os repagos co argumento de que “a prestación gratuíta e xeneralizada dos servizos sanitarios non é o modo máis eficiente e xusto de actuar”. De que xustiza nos están a falar?

•              Peche de camas, recortes orzamentarios, taxas de reposición. Isto é o que impera na Sanidade Pública. Menos camas para ingresar os/as doentes, colapso dos servizos de urxencias. Condénase a/o doente a entrar nunha porta xiratoria entre o seu domicilio e o servizo de urxencias. Recórtase o diñeiro destinado á Sanidade Pública, destrúense postos de traballo, reducindo a presenza dos/as profesionais que fai inviable unha prestación de calidade.

 

E logo inda nos veñen con contos propagandísticos cando falan das listas de espera. As listas de espera son grandes e medran día a día, por causa dese peche de camas, pola mala xestión que se está a facer e tamén porque pensan que nos enganan mantendo persoas en listas de espera ocultas. As listas de espera experimentaron un incremento substancial de forma que en catro anos a  espera cirúrxica media pasou de 71 a 83 días.

A Lei de Garantías é a expresión do fracaso das políticas sanitarias do PP. Intégrase nun mesmo nivel e nun mesmo sistema a Sanidade Pública e privada. Di o Sr. Feijóo que a prestación sanitaria recibida nun centro privado tamén é pública, xa que as/os doentes non pagan a maiores por esta asistencia. De futuro isto vai dificultar o desenvolvemento dos principios que deben presidir o sistema sanitario público.

 

A Sanidade Pública é patrimonio universal da cidadanía, por isto non imos consentir que a privaticen, converténdoa nun nicho de negocio para empresas amigas, vendéndoa por pezas e ao mellor postor. Esa é a folla de ruta que teñen marcada para os servizos públicos, esa é a súa meta: eliminar a Sanidade Pública para poder facer negocio coa enfermidade das persoas. Pero a sociedade galega seguiremos a mobilizarnos até recuperar unha sanidade pública universal e de calidade.

 

Non imos consentir que fagan negocio coa nosa saúde. A Sanidade Pública finánciase cos nosos impostos, e a obriga dos gobernantes é devolvernos os nosos cartos mediante os servizos públicos. Non teñen ningún dereito a privatizar a sanidade pública, nin a facer negocio coa nosa saúde, o goberno do PP só é un xestor provisional dos servizos públicos.


Manifestacions Plataformas Defensa da Sanidade Pública

Plataforma da Mariña: 20 horas diante do Hospital da Costa

Plataforma de Santiago: Praza do Toral ás 20 horas

Plataforma do Barbanza: Praza do Concello de Ribeira as 20 horas

Plataforma de Pontevedra: Hospital Provincial as 20 horas

Plataforma de A Coruña: Centro de Saude Casa do Mar (Avda. del Ejército 2 A)

Plataforme de Ourense: Ás 11 horas diante da Subdelegación do Goberno (parque de San Lazaro)

Plataforma de Ferrol:  As 19 horas na Praza de Armas

Plataforma de O Barco: Entrada Hospital Comarcal Valdeorras as 20 horas

Plataforma de Vigo: Praza de España (Cabalos) as 20 horas

Plataforma de Cangas: Concello de Cangas as 20 horas

Plataforma de Moaña: As 18 horas Centro de Sude de Moaña